Pontevedra, 24.07.2008
Entrada n. 572 do blog
ÓSCAR PEREIRO, INSULTADO,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Oscar Pereiro, o bravo ciclista de Mos, campeón do Tour de Francia do 2006, tivo na ronda deste ano un grave accidente, no que puido mesmo ter perdido a vida. Afortunadamente non foi así e convalece no Sanatorio Fátima, en Vigo. Pero resultan dramáticas as palabras da súa dona, que se dirixe ós medios en galego "porque os están acribillando" con insultos por te-lo ciclista firmado a adhesión ó Manifesto pola Defensa da Lingua Común, algo co que nos solidarizamos moitos galegofalantes, fundamentalmente os que creemos no bilingüismo harmónico antes que no uso do "galegués" inventado polos "filólogos" ó servicio do Bloque e grupos radicales, que están marcando a deriva cara ó idioma portugués, que ten menos de común que o castelao co propio galego.
Á entrada no Sanatorio de Fátima, a muller de Pereiro faloulle en galego ós periodistas, porque senón "os de Galiza --os galizos--, sei que van vir por min". Ou algo así dixo. Hai un vídeo na rede, mal sonorizado, que recolle ese momento. Pero reconforta ver que en numerosas webs e blogs se vai producindo a reacción, que a xente se solidariza con Óscar Pereiro e lle dá ánimos. (Posteriormente a este comentario, o 25.7 leín que Óscar xa abandonara o Sanatorio pra seguir coa convalecencia domiciliaria. Son importantes as súas palabras: "Voy a disfrutar de algo que estuve a punto de perder: la vida")
Fixo ben en firma-lo manifesto e non lle deben preocupa-los insultos dun fato de piollos, que é o que son, piollos, nemigos do idioma común e nemigos de propio idioma galego. Mal nacidos que insultan desta volta a Pereiro, ó que mesmo queren privar da súa condición de galego, como se fosen os depositarios do reparto de patentes de galeguismo. Certo que algús, convertidos en meros comisarios políticos desta dictadura silenciosa que estamos a vivir, están a rañaren do presuposto.
Fixo ben en firma-lo manifesto e non lle deben preocupa-los insultos dun fato de piollos, que é o que son, piollos, nemigos do idioma común e nemigos de propio idioma galego. Mal nacidos que insultan desta volta a Pereiro, ó que mesmo queren privar da súa condición de galego, como se fosen os depositarios do reparto de patentes de galeguismo. Certo que algús, convertidos en meros comisarios políticos desta dictadura silenciosa que estamos a vivir, están a rañaren do presuposto.
Hai que gardar memoria de todas estas cousas, porque esos agresores, esos cabróns, non poden estar na Política, nen dictar normas.
3 comentarios:
Bos compañeiro.
Un artigo,sen dúbida, sen pelos na lingua.
Os que somos galegos, os que cremos e mantemos viva a chama do galeguismo -que algúns entenden por exclusión, imposición e menosprezo polo demais como os do BNG- temos ben presente as dificultades históricas que asoballaron ó noso idioma nalgúns momentos da historia.
Por iso, os que defendemos un galego de todos, un galego da liberdade, e un galego para os galegos non podemos estar en comunión con derivas que o único que pretender é impoñer pola forza coactiva do goberno da Xunta o seu idioma, que non é o galego que fala a xente de a pé, senón como moi ben defines é o galegués.
Unha aperta.
Eses son os novos fascistas do século XXI que necesitan sempre dun enemigo para reafirmarse e alimentarse.
Alédome da súa valentía o chamar as cousas como pensa que son.
Unha aperta
A Jorge e César:
Agradezo que o voso criterio coincida co meu.
Fixádevos que no traballo "Europa e Santiago" denomino ás galescolas como "ambulancias medicalizadas" ó servicio da política de inmersión lingüística no galegués inventado polos "salvapatrias".
Sei incluso dunha guardería infantil na que teñen sorprendido, axexante, a unha comisaria política que incluso tentou marcarlles pautas ós profesores pra pular pola inmersión que tanto preocupa ós da Mesa.
Un cordial saúdo. E unha aperta.
Publicar un comentario