Entrada n. 552 do blog
UNHA LOUSA SOBRE O CAUREL,
por Xesús López Fernández.
por Xesús López Fernández.
A cantiga que entona o cantor é reveladora da situación do Caurel, unha protesta do que se está a facer co país, sen esforzos claros pra mente-lo capital social, a fixación de xente que permita poñe-la bisbarra en valor. Ver cerra-las aldeas, as casiñas...A culpa é dos rexidores que nunca nada fixeron por manter "abertas" as aldeas de sempre.... O Caurel afúndese, afúndeno. "Non teñen perdón de Dios... e mala raña [¿sarna?] lles pegue..., mala fama os persiga", di o cantor, que xa non pode evoca-lo mundo retratado por Novoneyra en poemas como o que sigue:
PAXAROS DO VAL DO BATÁN
I
Rincha o cabalo rinchón...
Peta o piquelo no encino...
Resga o gaio unha canción
e guíndaa dindes do ar,
e vai voando, sen tino,
buscando outra noutro brelo
que ha de ter o mesmo sino,
indo e vindo a voar
de Cido pra Tarelo....
Peta o piquelo no encino...
Resga o gaio unha canción
e guíndaa dindes do ar,
e vai voando, sen tino,
buscando outra noutro brelo
que ha de ter o mesmo sino,
indo e vindo a voar
de Cido pra Tarelo....
II
Enche o cuco o val co seu cantar...
Enche o cuco o val co seu cantar...
A maldición que bota o cantor está xustificada.... Oídea.
VIDEO DE YOU TUBE / NAMCHEFILMS / ENRIQUE BANET
No hay comentarios:
Publicar un comentario