Pontevedra, 3.07.2008
Entrada n. 542 do blog
A MESA E A MORTE DO GALEGO,
por Xesús López Fernández
A Mesa pola Normalización Lingüística do Idioma Galego está en horas baixas. Subvencionados pra estaren tódo-los días nos medios, con delegaciós en tóda-las provincias galegas, esta rede de comisarios políticos que traballa na inmersión lingüística no galegués inventado polo Bloque, aínda que non-o digan así, está nas súas horas máis baixas.
Efectivamente, últimamente, os galizos son noticia case tódo-los días, xa porque eles, aínda que a Real Academia oficiara á Consellería de Cultura que o nome oficial do país é Galicia, van seguir usando o Galiza do seu corazón, como Quintana, que tamén fai profesión de desobediencia, xa polo seu odio ó idioma real de Galicia, d´acordo coa súa teima de non faceren nunca caso das normas, salvo cando conseguiron embuchárenlle á RAG as denominadas "da concordia". Entón, sí, facíase obrigatorio segui-las súas dogmáticas normas, preparadas polos filólogos-comisarios do galegués que actuaran ó servicio da UPG xusto o ano 2001, cando se conmemoraba a memoria de Eladio Rodríguez González, o autor do mellor Diccionario Enciclopédico Galego e, como traición ó seu labor, entregaron daquela o "paquetiño das súas normas" á RAG.
Menos mal que, entón, aínda houbo académicos que se rebelaron, como Franco Grande, Alonso Montero ou Xesús Ferro Ruibal e máis dun autor fixo denuncia pública da agresión ó idioma planificada polo Bloque, especialmente interesantes as sete lecciós sobre a situación real do idioma, de Xesús Ferro Ruibal, publicadas en La Voz de Galicia.
As normas entrarían en vigor no 2003, co entreguismo do señor Barreiro, o actual presidente da RAG, ó que non parece lle importe moito o idioma como creación social.
Pero agora a Mesa constata que hai un abandono xeneralizado do idioma pola mocedade. Naturalmente. Porque os que son de cultura urbáa falan castelao; pero os que proceden do rural non se identifican nin tan siquer con algús dos disparates normativizados nas régoas do 1983, por exemplo os plurales en -ais, ou aquelas aperturas vocálicas oscenas, como "condanado, asasino", ou a querencia polo cerre doutras: "dicir, inimigo", etc.Neste blog, ónde non admito o dictado de ninguén, procuro ser respetuoso coas pautas marcadas por Rosalía de Castro ou por Curros Enríguez, traballar sobre o seu maxisterio, como recomendaba Vicente Risco no 1910. Non soubemos traballar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros, decía o noso sabio polígrafo ourensao.
Así as cousas, ¿qué vai pasar? Porque non se pode consentir que esos comisarios políticos, os galizos, anden a faceren espionaxe incluso das guarderías infantís, pra veren de lle marca-lo camiño ós nenos e nenas alí acollidos, alienalos á marxe da vontade dos seus país.
Nalgún periódico, sobre todo n´El Correo Gallego, a Mesa aparece case tódo-los días e leva trallazos lingüísticos de moitos dos participantes nos diversos foros que inciden de xeito un tanto cruel en que hai que dinamita-la Mesa ou en que ven xa próxima a fin do chollo desos comisarios, especies de abábaros do galegués co que, evidentemente, non se poden identifica-los rapaces do rural, porque o que intentan pola vía da inmersión é privalos da súa verdadeira lingua.
Quedei en que de vez en cando había toca-lo tema do idioma, promesa feita xa na entrada n. 1 do blog, i en que o tería de facer de xeito crítico, porque o idioma no-lo rouban. E a xente fuxe realmente da súa influencia, da tolemia dunha Telegaita que perde audiencia continuamente, ou do discurso dos políticos, case nengún verdadeiramente instalado na lingua do país, convertida, por influencia do Bloque, en vehículo de comunicación a evitar. Triste. E todo por ter despreciado o chamado bilingüismo harmónico, ó que lle teño dedicado algún artículo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario