Globos. Os discursos políticos teñen moito de aire, como os globos. Algunhas veces, pouco máis. Dibuxo de Xesús López.
Pontevedra, 14.01.2008
Entrada n. 406 do blog. Traballo semanal remitido ó Diario de Poantevedra e ó Xornal.com. O tema debería ser exposto con máis amplitude, pero eso xa o están a faceren os diversos medios especializados. O deste blog non é precisamente a crónica política máis alá da cousa local, ou temas sobre lingua i ecoloxía. Sí podería tratar aspectos da política en Galicia, do fraude que permanece agochado baixo a praxis cotiá dos que presumen de salvadores con discursos sen contido, que con términos ampulosos falan de macroeconomía e doutras cuestiós nas que os cidadáns decátanse de que lla están a meteren dobrada. E hoxe insiste e lembra a prensa dúas perlas de campaña: 1. Que Zapatero reconoceu ter mantido conversas con ETA incluso despois do atentado de Barajas, no que morreron dous ecuatoriáns; 2. Rajoy estaría valorando a posibilidade de propoñer que sóo se defina como matrimonio ó formado por home e muller, como suscribimos a inmensa maioría dos cidadáns, pero debe estar a pensar si ese tema, en campaña, pode sumar ou restar votos. Triste. Sigue o traballo:

Da campaña electoral [14.01.2008]
por Xesús López Fernández
Andan os partidos cos prolegómenos da campaña. Unha das constantes é rebaixar ó contrario, desacreditalo antes con palabras que con argumentos. ¿Vai a economía tan ben como nos contan? ¿Será certa esa bonanza fiscal que, dende diversos púlpitos, nos anuncian? A recesión está aí, con problemas de fondo calado, percibida polo común das xentes. As agresiós á calidade de vida, á educación, á institución familiar, aprécianse de forma clara dende as bases da nosa sociedade, como quedou patente na convocatoria multitudinaria en defensa da familia cristiá, o pasado 30.12.2007, en Madrid. O clamoroso éxito da mesma puido coller a máis dun grupo por sorpresa, que mesmo andan aínda a negaren valor ás declaraciós de Rouco e García Gasco, pra min máis que correctas necesarias, porque a perda de valores require unha reacción social enérxica, unha toma real de conciencia máis alá dos discursos fáciles, e o exercicio do voto nos próximos comicios como aval á opción menos mala, que non sabemos cal vai ser porque, pensando no voto católico, en España non existe un gran partido que se defina como demócrata ou social cristián.
O tema do cambio climático vai estar na campaña. Xa veremos cómo de novo, facendo burla da nosa memoria, nos han falar da defensa da Lei, do desenvolvemento sostible e da restauración ambiental e social de espacios degradados os que xa hai tempo perderon o seu discurso e que, desta volta, nada deberían decir. Van meter en campaña o discurso de Al Gore, do que moitos podemos estar convencidos. Pero nos negamos a lle dar credibilidade ós políticos que tiveron xa a oportunidade de nos demostrare que ían pola vida como ecoloxistas sinceros. Incluso no eido católico, no que hoxe existe unha clara doutrina papal en defensa do medio ambiente, non se ve unha aposta decidida en apoio do mesmo, pola defensa da vida. E haberá que estar moi atentos ó que nos digan os partidos, coa particularidade de que hai cuestiós nas que teñen unha verdadeira culpa de que non se teña progresado máis na defensa ambiental, na educación, na solución de problemas económicos, no apoio ás familias.
Non deixemos de vista a manifestación católica do 30.12, que parece acendeu a mecha dun debate a unha banda, como se o Goberno se creese dono absoluto da razón, de descalificar a unha Igrexa Católica que non se vai presentar ás urnas, como si esa circunstancia representase un impedimento á hora de opinar, de discrepar, de denunciar aquelas actuaciós e leis que poidan estaren mesmo en contra dos dereitos humáns. Eso podémolo estimar moitos cidadáns que non comprendemos que o Goberno leve máis de dez días co monotema da dita manifestación temeroso, según certos medios, de que incluso no propio partido poida medra-la fantasma da abstención a causa de decisiós tomadas ó longo destos anos de gobernación errática. Que o Goberno non comparta os criterios da Igrexa, non-o autoriza a desautorizala, [arraizada como está na historia, na cultura e nas sociedes europeas i española] a se expresar libremente sobre leis contradictorias co sentido cristián da familia.
Por duras que fosen estas opiniós non poden ser consideradas como ilexítimas, porque tampouco é o Goberno o depositario dos dereitos cidadáns, como indicaba o ABC no seu editorial do 11 de Xaneiro, no que tamén opina que se o PSOE tivese unha máis clara intención de voto en relación co PP non se tería producido o enfrontamento coa xerarquía católica e sería outro o tono do mesmo, no que o PSOE está a perder non poucas enerxías na arrancada do ano. O partido encárase cunha institución que sabe aguanta-las tensiós e os conflictos, ou mesmo que o seu radicalismo pode afuxentar votos. En fin, os partidos están prácticamente en campaña, preparando discursos e debates ós que haberá que estar atentos procurando, en cada caso, retirar dos mesmos a palla que han meter pra nos prometeren o máis feliz dos mundos. E a Igrexa e os cidadáns, que denuncien canto teñan que denunciar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario