Pontevedra, 7.01.2008
APOSTAR POLO IDIOMA, DIFÍCIL,
por Xesús López Fernández
Víctor F. Freixanes publicou en La Voz de Galicia, o 30.12.2007, un traballo titulado "Apostar polo idioma", no que alude ós amigos que o acusan de excesivamente optimista. ¿A botella medio chea?. Eu diría que a botella está case baleira. Cuestión complexa a da lingua, na que perdemos falantes, dí Víctor F. Freixanes, e cita como o máis preocupante a fractura na cadea de transmisión familiar, acelerada nos últimos tempos de xeito grave.
Eso vímolo decindo moitos galegos que non estamos en nómina de nengunha editorial que pode mesmo defende-los cambios introducidos na ortografía do idioma, desesperados como deben estar por acrece-lo seu mercado. Queren vender libros en Portugal e no Brasil, pero eso non vai ser posible se non é pola vía da traducción, porque os idiomas son distintos e constitúen a verdadeira fronteira.
Dí que a mocedade conoce a lingua e que está en condiciós de falala, leela i escribila. Non-o creo, porque a verdadeira fractura do idioma está nas normas que xa pola RAG como protagonista, xa porque a RAG tragou as do Diktatt estalinista, nos foron impoñendo. Pero, como estamos en democracia, somos moitos os que non identificámo-lo galego, o idioma desta Terra, co galegués que anda agora nos libros, nas aulas, ou nos discursos de náusea dos políticos. Non comunican e a xente, naturalmente, abandona. Ésa é a fractura xeneracional, a de que se perdeu o sentido..
Unha vez máis queremos afirmarnos na defensa do idioma como creación social e na innecesariedade da RAG, da que eu propoño a súa disolución, xa que lles falta o sentido da Academia francesa, que leva máis de cen anos sen lle tocar ás normas ortográficas. ¿Por qué van suprimi-los acentos que precisan ou o apóstrofo, que tampouco estorba ós italiáns e cataláns? ¿Non se dan conta os nosos académicos de que, sen o apóstrofo, a nosa fala perdeu moita da súa psicoloxía?.
E Víctor F. Freixanes, que coido non terá sido alleo ós últimos cambios orotográficos, co protagonismo que lle dá o ser Director/Direutor da Editorial Galaxia, volve perguntar qué mudanzas se albiscan no futuro. ¿Novas mudanzas ortográficas? ¿Restauración dos malos pasos dados? Esas son perguntas miñas. I estou d´acordo en que perdimos vinte anos de sometemento ós que predicaban o uso dos lusismos mínimos pra finalmente embucharlle ós da RAG as normas do Diktatt, valéndose dela como se fose un cabalo de Troia.
O exemplo da Academia francesa sería bo pra nós. A Real Academia Española tamén sería un bo exemplo, co seu "limpia, fija, da esplendor", pero aquí, pola querencia editorial de vender libros en Portugal, fóiselle cambiando de alma ó idioma. Tamén porque andan algús soñando con Portugaliza, nación independente de España. Tolos. E daí veñen moitos dos quistes da fala.
A conclusión final do artículo de Freixanes, "ou muro das lamentaciós, con documentados dignósticos funerarios, ou a acción directa", non queda clara, porque esa acción tería que vir da sociedade agraria, hoxe marxinada porque acabaron, dende o BNG, dende a RAG, dende a Mesa pola Normalización, co seu idioma, e así nos vai. Esa é a fractura xeneracional, a erradicación estulta do idioma.
E non digo máis. Calquer día fago unha pira pública con moitos dos libros-bodrio que aínda repousan nas estanterías da miña biblioteca. Qué fácil tería sido ir pola vía do bilingüismo harmónico ou pola de tratar científicamente o galego de Rosalía e Curros, como xa se ten dito neste blog e recomendaba Vicente Risco no 1910, que tamén denunciaría o galego inventado por Galaxia cando fixo a traducción á nosa fala de "La Familia de Pascual Duarte", de Camilo José Cela, outro home que defendía tamén o galego popular como máis enxebre e auténtico.
Porque eles sabían que a lingua fora unha creación do noso pobo, pero andan agora os novos "conductores" de masas a tentaren convencer á nosa sociedade de que está equivocada, que pra inventaren están eles. E así, mentres o latín foi o idioma universitario ou da liturxia, o galego gozou de boa saúde. Cando o castelán asumeu o protagonismo da que era a lingua dos misterios, o latín, naceron as diglosias, a creencia de que o galego era unha lingua de menor rango, a que agora queren os do Diktatt deixar relegada a lingua de museo, porque pra inventaren están eles. Pra inventaren o galegués, no que procuran unha obscena inmersión, vía Telegaita, vía galeskolas, que escribo con "k" con toda a intención.
Están encirrados en desalma-lo idioma e a botella está, desta volta, prácticamente baleira. E dende a poltrona editorial non se han resolve-las cousas, encanalladas dabondo.
2 comentarios:
¿vender libros en Portugal e en Brasil?
hum.
Non sei. Pode ser.
Todos queremos máis, pero penso que de momento están apretando os dentes arredor do mercado cautivo que lles proporciona o "poder normalizador":
Os nosos escolares, por unha parte quedan arredados da boa literatura española -o tempo non da para todo, e a militancia esixe ese sacrificio-; por outra vense obrigados a ler -logo mercar- esa producción editorial en unha 'lingua de madeira', subvencionada doblemente, e imposta en casi todo o tempo lectivo, nas actividades extraescolares e nas 'lecturas obrigatorias'
É un negocio miserable, en calquera caso. [Así naceu o imperio Polanco]
E a competencia lectora dos nosos rapaces seguirá puntuando no PISA magníficamente, entre a suposta exhuberancia lingüística de que gozan, como escribía torpemente a conselleira [A Europa das linguas"], máis ben sin saber de qué falaba.
E todo, todo, polo intervencionismo político que afoga a liberdade metendo o seu porco fuciño na lingua da xente, non solo impoñendo unha ortografía e léxicos de deseño, coma se a gramática fose un decreto, senón impoñendo a lingua de uso na escola, tamén por decreto.
Un socio da "Mesa por la libertad lingüística"
O da venta de libros en Portugal ou Brasil véxoo moi difícil. Pero hai que ter en conta que o trauma que está a sofri-lo idioma, na idea de tanto fenómeno, é "pasaxeiro", porque a idea deles é a de vara-lo noso idioma nas sirtes e farallós da grafía portuguesa.
¿Non ves que, antre outras cousas, queren cambiarlle o nome ó país? Por eso inventaron as terminaciós en "-za, -zo". Queren que acabemos por lle chamar ó país como fai Quintana, "Galiza", qué horror. E non se decatan de que no Brasil chaman Galicia á nosa Terra.
Un cordial saúdo, Xesús.
Publicar un comentario