viernes, 4 de enero de 2008

O GEO 2000 [16.10.1999]

A auga contaminada causa máis mortes que a guerra. (Emisario de Lourizán, na ría de Pontevedra. Creación virtual de Xesús López.)

Pontevedra, 4.1.2008

O traballo que sigue é tamén do 1999. Vai, como tantos, sobre Ecoloxía. E non parece distante do enfoque dado en Bali, no Cumio do Cambio Climático, ós diversos temas alí tratados. Sigue o artículo, que non precisa de máis comentario.


O GEO 2000 [16.10.1999],
por Xesús López Fernández


En “Os outros turcos” fixen un corto estudio sobre as responsabilidades dos que, dende o sistema, fan deixación das súas obrigaciós. E citaba como base argumental a edición do Global Environment Outlook (Perspectiva Ambiental Global) 2000. Hoxe tentarei analizar algús dos puntos do informe de data 15 de Setembro, promovido pola UNEP (Programa Ambiental das Nacións Unidas), citados de xeito telegráfico no artículo anterior. No estudio díse que se está a tomar conciencia do grave deterioro existente e de problemas que apuntan a novas e serias ameazas. Conclúe o reporte coa recomendación dunha inmediata acción integrada, incluídas as ONGs. 

A continuada probeza da maioría dos habitantes do planeta e o disparatado consumo por unha minoría son as maiores causas da degradación ambiental. Aquí tamén. Faise urxente a transición a un sistema sostible. E ata hai pouco tempo eran contados os individuos conscentes das consecuencias pró planeta do desorde ambiental local. Esa minoría tiña razón. Hoxe, hai movementos populares en moitos países –aquí tamén— que tentan obrigar ás autoridades a cambiar de actitude. Pensar globalmente, actuar localmente pra non acabar coas selvas virxes --nen coas rías--. A sobreexplotación das pesquerías, a necesidade de rectificar e reduci-lo consumo da auga, a degradación da terra que fai inútiles os avances conseguidos pra unha agricultura máis productiva. A desaparición de moitas especies dos mundos animal e vexetal. Desertificación e deforestación. Etc., etc. 

Estou manexando un pequeno compendio que, sen embargo, non cabe neste artículo. Sóo o tema da auga abondaría pra desenvolver dous ou tres traballos: a auga como ben escaso, un auténtico estrés pra países enteiros; un problema fornecer ós cidadáns e que se convirte nun factor de contaminación máis, portadora de dioxinas e mercurio, de pesticidas e fertilizantes, de microorganismos, profanadora de espacios sensibles... Estímase que a auga polucionada afecta á saúde de 1.200 millóns de habitantes e contribúe á morte de 15 millós de nenos por baixo dos cinco anos...Nun estudio de 15 cidades xaponesas demóstrase que o 30% dos suministros de auga freática están contaminados por solventes de procedencia industrial. As desigualdades no acceso á auga chegan a extremos de iniquidade certa en casos ben conocidos da India ou de África. 

O estudio, que reconoce algús avances --empresas sen emisiós, vertidos nen residuos-- e que a cuestión do ozono pode mellorar a medio prazo, cita 20 temas pra “non dormir na noite”. Algús: A crecente poboación mundial cada vez máis concentrada nas cidades, máis de 1.300 millós viven con menos dun dólar ó día, 680 millós de vehículos, a escaseza de auga e o cambio climático, os gases de efecto invernadeiro, desaparición de mamíferos e aves, a malaria pode chegar a Europa, de 3,5 a 5 millóns de casos de envenenamento como consecuencia do uso de pesticidas. Etc., etc. Algunhas das cuestiós están tamén onde nós, e autoridades i ecoloxistas temos que actuar localmente na defensa da natureza. Contra a irresponsabilidade que se mantén viva; que non dubidarían en se carga-lo planeta. Se é que os deixan.

No hay comentarios: