Pizarro, o Conquistador, e Gallardón, o Impacente. Pero máis nerviosos parecen, desta volta, os sociatas, a ultraesquerda que dí Aznar. O malo das palabras é que, cando non se ponderan, os outros poden te-lo mesmo discurso. E o que comezou cos insultos foi, de certo, Zapatero. E a súa corte.
Pontevedra, 21.01.2008
Entrada n. 410 do blog. Traballo desta data, en varios medios. Ó autor cóstalle traballo creer que no PP se poidan producir cambios reales. En temas como o do medio ambiente, ata o dagora e con contadas excepciós, non contaron con xentes que apostaran por unha rexeneración da natureza. A entrada de Pizarro podería ser un revulsivo e mellorar, en principio, as posibilidades do partido de Rejoy, que por outra banda aparece moi desestructurado, poco ideoloxizado por máis que Zapatero os acuse de ultradereitistas, cando o que estamos a sofrir, no país, é o enaltecemento dunha serie de valores contra-natura, unha certa "persecución" ás familias e á Igrexa. En fin, a campaña está no comezo, parece que xa con Gallardón de volta, disposto a colaborar.vailles faltar, Pero en Galicia vailles faltar, incluso, o galeguismo de Cuíña, que denunciaba nos seus últimos tempos a perda de identidade do partido, parece que xa sen raíces no país.. Vai o traballo.
¿Novas políticas no PP? [21.01.2008], por Xesús López Fernández
A semana pasada estivo cargada de noticias en torno á decisión de Rajoy de prescindir de Gallardón, algo censurado dende o seu propio partido; tamén dende o PSOE, con comentarios que, ás veces, teñen categoría de insultos. Pero o que está a encanalla-las soflamas parece ter, sobre todo, relación coa nova fichaxe do PP: a integración nas súas filas de Manuel Pizarro, o que fora presidente de Endesa: un tabeirón, según Pepiño Blanco –posible ministro de Fomento socialista se o PSOE gaña os próximos comicios, según diversos medios--. Pero o valor de Pizarro está a ser reconocido dende moitos sectores, e o califican como gran xestor, como o home que soupo capitanear Endesa cando foi da OPA promovida contra a empresa, algo que a Artur Mas lle vale pra decir que os movementos do PP apuntan a unha maior radicalización e que poden ser malos pra Cataluña. O que parece claro é que, coa nova fichaxe, algo pode estar a cambiar nas quinielas prós comicios do 9M.
Nas primeiras declaraciós, Pizarro –que tamén se define como ambientalista-- motrouse como home de ideas claras, de discurso fácil, moi didáctico, e todos entendémo-lo que significa unha expresión como a de que “o diñeiro onde mellor está é no peto dos contribuíntes”, como tamén a calificación que del se fai no sentido de que entrou no PP pra servir ó partido antes que pra se servir a si mesmo; que ten un diagnóstico da economía máis axustado á realidade que non as recetas erráticas en uso, e unha vontade reformista certa e de amelloramento fiscal, algo polo que a sociedade pode apostar. O nerviosismo parece ter calado no PSOE como consecuencia deste movemento de ficha do PP. E será bo vé-lo debate antre Pedro Solbes e Pizarro, proposto polo ministro socialista, aceptado polo candidato do Partido Popular, que está disposto a debatir con quen faga falta. I éso é importante.
Apuntan algús que o home ten chegado no momento oportuno. E, neste sentido, Ignacio Camacho [ABC, 19.01.2008] afirma que o PP ten fichado a un home de enorme polivalencia; que pode ser vicepresidente económico, ministro político ou un xestor de responsabilidades do Estado, con madeira sobrada de portavoz parlamentario, matizando, ademáis, o que del xa se sabe: que entrou na escea como militante, disposto a suda-la camiseta, dito en términos deportivos, os que o propio home usou. Pretenden descalificalo por ser millonario, o que pode ser garantía dunha maior honradez, porque “no evanxelio liberal non está escrito que un rico non poida entrar en política coas recetas pra que calquer cidadán poida chegar a selo”, lembra Ignacio Camacho. E ós ataques de Zapatero sobre radicalización do PP acaba de contestar Aznar ó decir que o Goberno español “ten os dirixentes de esquerda máis ultras de toda Europa”. Os radicalismos, sempre malos.
Nos debates a promover na campaña hanse tratar temas de interese xeral nos que grandes sectores da sociedade son discrepantes dende hai anos. Examinado o fracaso da ensinanza; telumbrado que o que chega coa Educación prá Cidadanía é unha forma máis de alienación xa contestada ante a Xusticia, que se ten definido en diversas sentencias a favor dos alegantes, en Asturias e Andalucía, digamos que o PP propón asumi-lo modelo Sarkozy de Educación: máis calidade e disciplina pra reduci-lo fracaso escolar ó 10% en oito anos, porque hai estudiantes españoles que están á cola de Europa. Piden libertade contra o adoutrinamento de asignaturas como EpC; unha maior e universal formación clásica do alumno; máis disciplina, porque a escola debe ser lugar prá transmisión de normas antes que de entretenimento; non discriminación, coa posibilidade de que a educación en castelán sexa sempre posible. A lingua familiar debe ser un dereito á hora de falar da educación dos estudiantes, traumatizados cando se lles impón un idioma distinto do por eles falado no eido familiar, decimos nós, cando non se valora a lingua lar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario