O "skater" da fotografía remata unha carreira, brincando dende o baixo da Casa da Luz, en Pontevedra, na que algunhas veces se xuntan máis de vinte. Unha auténtica caixa de tronos. A Policía parece que ten instrucciós de non actuar, non repara nos danos. Así se destrúe tamén, a cidade. Os delincuentes, evidentemente, non son sóo os rapaces, están tamén no organigrama do Concello. Foto denuncia de Xesús López. O lousado da Casa da Luz vai decote escachando pola actuación dos patinadores, asunto sobre o que a Policía non actúa. Nen repara na existencia de danos, según me dixeron onte polo serán.
Imaxe do xarabaldo, ruído festivo pra uns, tortura prós residentes. (Dibuxo de Xesús López)
Imaxe do xarabaldo, ruído festivo pra uns, tortura prós residentes. (Dibuxo de Xesús López)
-
Pontevedra, 13.01.2008
Entrada n. 405 do blog.
O artículo non ten nada que ver co que resultou despois de oito anos de gobernación dos estalinistas na cidade. Ruina ambiental e comercial da zona vella, o problema dos ruídos, dun ou doutro tipo, persiste. E a Policía local como se non tivese outra función que a de actuar como chivato da grúa. Polo demáis non se ve un axente pola rúa. As denuncias telefónicas son grabadas, pero non atendidas, trátese dalgunha demostración de bongo ou do incumprimento da normativa de veladores ou da irrupción dos delincuentes do monopatín, adicados a escachar baldosas, mesmo o lousado de pedra da Casa da Luz, ou a brincar dende ese espacio por riba dun contenedor que previamente tumban no chan. En fin, son oito anos de desgoberno, de traición mancomunada co PSOE, de reconversión da zona vella nun novo Gulag, como me gusta decir.

O XARABALDO [6.08.1999],
por Xesús López Fernández
O xarabaldo, o ruído, envólveo todo, non cesa de producirse tódo-los días no entorno municipal, xa nas cousas do novo goberno do Bloque, xa nas cousas onde parece que, como antes do 13 de Xuño, nadie está a gobernar e, se nas primeiras declaraciós feitas polo noso alcalde apréciase unha certa premura, un desmarque ideolóxico do voto recibido, que foi un voto en contra de Pedrosa, o voto do espírito do 5 de Xuño, moito voto do PP, máxime tendo en conta que o Bloque é xa unha asociación de partidos con distintas sensibilidades, dito de forma soave. Mentres en Vigo parece que levan outro paso a paso, aquí se está a producir un certo xarabaldo popular de contestación. Pero, en fín, as enquisas han servir, en pouco tempo, pra pondera-la situación e face-la oportuna rectificación se fose mester.
Coido que é constatable a existencia da protesta susodita, un ruxe-ruxe cidadán, e que somos moitos os que temos oído que Fernández Lores non foi político nas súas primeiras declaraciós. Por outra banda hai que convir en que non lle falta vontade de traballo e que está a afrontar temas decisivos do noso municipio, a propoñer xuntanzas pra ver de modifica-lo noso horizonte como urbe habitable. Non sei qué camiño van leva-las actuaciós máis alá das “intenciós” primeiras, do programa electoral, pero o ser ou non ser da nosa vila vai estar agora nas mans do seu equipo de goberno e do posible entendemento co PSOE, que acaba de avisar de que a “gobernabilidade é cousa de dous”. E pediríalle ó Bloque e ós seus socios unha clara transparencia á hora de tomar decisiós; que se van seguir matando a Pontevedra se saiba de quen parte a culpa.
Hai algo que non me gosta nos primeiros pasos dados/anunciados: a excesiva présa --¡vaia xarabaldo de protesta!-- no tema da peatonalización da cidade vella sen ter antes creado alternativas periféricas prá zona que está a morrer comercialmente por non se ter actuado con intelixencia e sí con traición, mesmo deixándonos colonizar polo capital transnacional, cos aplausos dos señores que decían defenderen ó pequeno comercio antre outras cousas. Parece que o Bloque non tivo culpa do xa feito e que mostra interese por endereita-las cousas co seu achegamento ás asociaciós, que non deberá cesar en nengún momento se se quere manter unha sociedade viva e procurar soluciós facedeiras. Unha delas debera se-lo desenvolvemento de áreas de aparcamento, necesarias prá posible revitalización da cidade. Outra, o tema do xarabaldo da noite que permanece na vila vella, causa de alienaciós e protestas, asunto sobre o que o Bloque pideu unha moratoria ata setembro.
E non pode haber demoras nese asunto que pode ser causa de que se libren mil e unha casas en claro éxodo a outras zonas, a outras vilas, a pouco que se manteña vivo o xarabaldo e unha policía que nada resolve, privada de autoridade. ¿Por qué non fai o Bloque como noutras cidades? Porque hai unha solución moi fácil: controla-los decibelios por medio dun panel central. Cando un pub se pase no legalmente establecido acciónase un machete que deixa ó establecemento sen sonido. Máis fácil que peatonaliza-la zona. Así de claro. E presencia policíaca porque hai que mante-la cidade limpia dos que rouban o silencio dos demáis, que causan o xarabaldo noitarego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario