martes, 1 de julio de 2008

DEMOLICIÓN NAS CÍES DO MONOLITO DO CAUDILLO.

Faro de Vigo, 2.07.2008. Realmente foron tres os intentos feitos pra derruba-lo monumento. Imaxe dun certo patetismo de Patxi Vázquez, no lugar, ante os restos "históricos". Agora que cumpra cos deberes que ten como conselleiro de Medio Ambiente.
O monumento dinamitado tivo que ser derrubado nun segundo intento. (En tres, como se aclara na foto primeira, co conselleiro como protagonista).
Nesta segunda foto de La Voz de Galicia aprécianse os fragmentos que Patxi Vázquez vai tratar con agarimo na súa retirada. ¡Menudo susto terán levado as aves que aniñan nas illas Cíes!.

Pontevedra, 2.07.2008Entrada n. 540 do blog.

DEMOLICIÓN NAS CÍES DO MONOLITO DO CAUDILLO,
por Xesús López Fernández

Non me parece un xesto de valentía que teñan derrubado o monolito do Caudillo nas Cíes, algo que fixeron en base á chamada Lei da Memoria Histórica. ¿De verdade?.
O monolito era simplemente horrendo, e levaba no lugar no que foi dinamitado por dúas veces --por ter resistido ó primeiro intento-- 25 anos. Foi onte, á primeira hora da mañá, cando os operarios da empresa pública Tragsa volveron dinamita-la base do "monumento".
Lembremos que o monolito homenaxeaba os primeiros vintecinco anos de paz do réxime franquista, e que tiña 17 metros de altura. O conselleiro de Medio Ambiente --¿non lle remorderá a conciencia?-- prometeu que van trata-los restos do monumento con agarimo. ¿Con qué cara pode decir que a edar d´Os Praceres é legal?. ¡Si é unha burla á Lei de Costas na que as tres administraciós son delincuentes!

A partir d´agora a Xunta disponse a recibi-lo Parque das Illas Atlánticas. ¿Pero non sería máis honesto fixar unha moratoria? Porque a illa de Tambo e a ensenada de Lourizán, se realmente as queren recuperar, poderían quedar integradas no referido parque. Se todo o que se fixo durante o franquismo vai estar condenado por estos, ¿por qué non miran máis pra atrás e se sitúan no 1934, cando realmente comezaba a guerra civil?. En Asturias, por máis señas.

Ence, a fábrica de celulosa, é herdeira daquela fabrica nacional instalada en Lourizán por concesión franquista do 1958, según condicionado que nunca foi comprido. Concesión, polo tanto, nula "ab initio". E o propio réxime diría no 1973 que esa instalación, como a da fábrica de cloro, fora un grave erro, do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como sigue acontecendo. Pero parece que o nivel democrático está agora por baixo do do referido 1973.

Pero que se deixen de xogare coa falsa memoria histórica e analicen os seus propios pecados. ¿Por qué lastran á Xusticia pra que non funcione? ¿Por qué eles mesmos están a atrica-la aplicación das leis? ¿E presumen de medioambientalistas?
Derrubar un monolito pode ser un acto estúpido, inútil. Pero maior covardía é a de seguiren sometidos ó dictado dos grupos de presión. Que todos sabemos por ónde vai a política do trinque urbanístico ou de cómo se convirte unha ría, se os deixan, en solar. I eso non se remedia con cargas de dinamita, como o monolito, porque está feito con máis saña, parte dunha guerra non "declarada" á natureza.

1 comentario:

Anónimo dijo...

such a nice blog.


berto xxx