lunes, 1 de diciembre de 2008

O DESAMPARO DAS CLASES MEDIAS

E poucos días despois de inaugurada a cúpula da Alianza de Civilizaciós en Xenebra, queda demostrada a súa inutilidade en Bombay. Esteban, en La Razón.
En Bombay, Alianza de Civilizaciós non aprendida, collida con alfinetes. Esteban, en La Razón.
ZP intercede por Maritere F. de la Vega, agora que ten o roupeiro case completo. Esteban, en La Razón.
Caín, en La Razón. As novasa castes: populistas e demagogos.
Caín. En La Razón. Homes e mulleres poden ser cada vez máis tristes caricaturas, pero con agrado. A eso dedican as teles moitos dos seus programas de conformación das almas, como facía o estallinismo.
Caín, en La Razón. No fútbol ideolóxico ata o porteiro xoga ó ataque. Chiste con moitísimo rabo.

Pontevedra, 1.12.2008

Entrada n. 731 do blog

O DESAMPARO DAS CLASES MEDIAS,
por Xesús López Fernández

Cada día máis aburadas, máis contra a parede, máis sangadas fiscalmente, parece qu´o futuro do Goberno español depende máis do traballo ideolóxico que fan os deseñadores d´almas e o aumento da presión recaudatoria sobre as clases medias. Algo se está movendo, como xa temos dito nunha entrada anterior con referencia á manifestación celebrada en Madrid o pasado 23.11.2008.

Sigue un video de YouTube, no que se recollen unhas declaciós de Enrique de Diego, de cando se presentou o manifesto das clases medias, que deben crecer políticamente a seren capaces de lle prantar cara á corrupción, á falta de democracia, á persecución relixiosa que tamén é outra realidade do momento.

YouTube/Video Enrique de Diego
MANIFESTO DAS CLASES MEDIAS.

Este video da presentación do manifesto por Enrique de Diego merece ser visto e comprendido. O home alerta de cómo nos están a roubaren, de cómo nos van seguir roubando.

Nadie está representado no organigrama político máis alá dos clústers e mafias. Na organización de listas, todo depende do criterio do xefe, pero non existe partido democrático solvente, con forza pra marca-lo camiño de saída do túnel, pra adecenta-lo corral.

A clase media, día a día, vai elevando de tono a súa voz, pero falta moito pra chegare a ese prometedor triunfo que fai Enrique de Diego cando remata a intervención que tivéchedes ocasión de oir.

No hay comentarios: