Pontevedra, 5.12.2008
Entrada n. 740 do blog
por Xesús López Fernández
Qu´a cidade perdeu o mar é algo sabido e denunciado... Prohibída-las mareas nas xunqueiras, soterrado o areal de Lourizán por unha fábrica altamente contaminante, agredido o litoral ata a irracionalidade que non cesa en Praceres-Lourizán, os partidos instalados parece xa non teñen discurso conservacionista e que non telumbran o que podería ser unha cidade con praia, cun longo areal, cunha serie interminable de praceres movidos polo mar con cada nova marea... O 25.4 estiven n´A Coruña, urbanismo con xardís e rotondas sempre coidadas, de praias prós visitantes, ¡qué gozo!, cidade aberta ó mar que un pode dexergar, abranguer dende moitísimos lugares...Coido que éste é o principal activo d´A Coruña con ter moitos outros. E non me sorprende que, agora que estamos en campaña, noutros concellos falen igualmente de recupera-lo mar. [¿Por qué non Pontevedra?]. “Abrir Vigo ó mar, en Teis”, é a principal leenda na campaña dos Progresistas de Vigo, independentes.
Pode que nalgún dos puntos citados o poder político estea comprometido con intereses ocultos, como se ten denunciado en máis dunha ocasión. Información segmentada e sectarizada é a que nos teñen dado ás veces no canto de abri-lo debate o máis ampliamente posible. ¿Cómo se pode casa-la afirmación do goberno central aludida nun traballo anterior [en relación coa agresión de lesa natureza que se está a cometer coa ría] co feito de ser Pontevedra sede inicial do Parque das Illas Atlánticas, de que si Tambo vai estar finalmente na nómina do parque..? ¿E as agresiós, e o saneamento da ría?. Evidentemente, nos partidos consolidados hai sombras, perda de calado, de honestidade si se quer, e parece que moitas cousas están pactadas; que a esperanza pode vir dos grupos dispostos a conectar coa cidadanía, a exerceren unha democracia constantemente osixenada, na que os electores non sucumban ante unha política de “agitprop” como a últimamente levada a cabo polo BNG, que parece depender en demasía da bandeira do “Nunca Máis”.
O tema do Prestige afectounos a todos. E denunciámo-las carencias informativas e posibles erros culpables que se produciron; que comprendemos que o chapapote pode volver entrar nas rías [ó mellor en xuño, coa sardiña]. E, citado o do “agitprop” do BNG [axitación e propaganda], quero facer alusión ó que aínda se pode leer na “rede”, nun editorial de “Libertaddigital.com” do 10.1.2003, que antre outras cousas cita o lanzamento de ovos ó príncipe Felipe e a Zapatero ó berro de “¡españoles, fuera!” [¿tamén os voluntarios?] e conclúe coa afirmación de que “a misión do Nunca Máis non é colaborar nas tareas de limpeza ou servir de canle de beneficencia –como dixo o seu portavoz, Rafael Villar— senón “amplifica-la resposta social e cívica da catástrofe”. É decir, ”facer propaganda [.....] sen aportaren soluciós a unha crisis que os activistas do BNG-Nunca Máis han tentar exacerbar e delongar por tódo-los medios na súa man”. E si a pancarta negra pendurada na fachada da Casa Consistorial foi retirada e trasladada, o tal feito non representa cancelación algunha de libertades ou de dereitos democráticos. Simplemente foi un acto de hixiene que algús tentaron arrimar á bullanga do “agitprop” nunha actuación pouco vistosa e participada... Se os da plataforma queren resucita-lo tema do chapapote electoral, aquí, na ría, teñen moito que facer. Pero parece que só os grupos menores [debate do 25.4 en Localia] teñen soluciós alternativas, un futuro de cidade aberta ó mar, un Lourizán con bandeira azul, antes incluso do 2.018 se as cousas se fan con fondura urbanística e botamos da política ós que non poden maxinar unha praia fluvial en Tafisa. ¡Xa sabiamos que falta color ecoloxista!
No hay comentarios:
Publicar un comentario