Pontevedra, 12.12.2008
Entrada n. 748 do blog
O goberno local presenta agora un novo plan de inversión, pra afronta-la crisis e mellora-la economía da cidade. ¿Cómo? ¿Con máis bolardos, máis corredoiras, máis peatonalización? Ese, naturalmente, non é o camiño. E parecen impotentes pra faceren outra cousa que outorgaren licencias a novas tabernas, ó que eles lle chaman economía de servicios, que non ten nada que ver co I+D+i. Unha verdadeira desgracia.
[La Voz de Galicia, 12.2.2008. O goberno local presenta o seu plan de inversión]
Unha mostra da impotencia pra configurare unha cidade dinámica, mercantil, témola no feito de que, a consecuencia de ter privado a Pontevedra de tránsito, afogaron o comercio e afogaron ós residentes. Se ata non foron capaces, tan comunistas eles, de deseñar un servicio de transporte colectivo, un servicio de autubuses!. I éso nunha cidade que foi pioneira na presencia de tranvía a vapor, tranvía eléctrico, trolebuses, agora morta total!
Se no seu día apuntara o alcalde anterior, Juan Luís Pedrosa, a súa pretensión de convertir en parking os 9000 mt2 da zona que albergou o mercado provisional e a súa unión, por medio dunha pasarela peatonal, prá dinamización da zona vella ou do mercado unha vez fose rehabilitado, agora están a pensaren estos naquela solución --na pasarela non, que tanto non pensan-- e queren procurar de Costas a pertinente concesión, por interese xeral. ¿Por interese xeral peatonalizaron, arrasaron, arruinaron todo?
Pero tampouco parece que Costas ande moi acertada á hora de querer facer nese espacio un monumento, unha alegoría ó parque das Illas Atlánticas. Non. A mellor alegoría que poderían facere sería a de defende-la costa toda e a de reconquistaren aí, pró mar, a zona do Goio que lle era propia.
Está claro que de capital da Eurorrexión nada de nada. En todo caso, Gran Allariz, gran aldea. Máis non poden sacar do seu cerebelo estos gobernantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario