Van pasando en estadea ou santa compaña. Novo escudo prá ruína vilega. (clicade nas fotografías)
Campillo de Santa María. Materilización dunha nova ruína.
Os funcionarios inauguran ruínas.... Que non se vexan estos contenedores nas prazas amplias, é a consigna. As miserias, nas rúas estreitas a poder ser. É o culmen da accesibilidade da que tanto falan.
Edificio-contenedor da Xunta, prás súas delegaciós en Ponteveda, inaugurado o 16.12.2008 polo noso presidente.
Pontevedra, 20.12.2008
Entrada n. 755 do blog
MÁIS AUTOGOBERNO,
por Xesús López Fernández
Onte estivo Quintana en Pontevedra, no salón da facultade de Bellas Artes, qu´o equipo de goberno ten sentenciada. Queren o seu edificio pró Concello, trasladalo alí, cando a imprantación da facultade actualmente establecida foi decisión da corporación de Cobián, un dos pasos dados polo home pra converti-la cidade en campus universitario, ver se así non esmorecía.
O que se leva feito polo actual goberno, en canto a algunha que outra realización, é a inauguración dunha serie de ruínas que, como un cáncer, van acabando coa cidade, na que están concitando, como xa temos dito nunha entrada anterior, a presencia funeral da estadea, rolda ou santa compaña, no entorno do Teatro Principal.
A inauguración agora en Campolongo do edificio prás oficinas da Xunta, o contenedor do que falou Touriño, será á postre outra lanzada máis, outro factor de ruína comercial e urbáa, fracasado o modelo dos nazionaliristas e coa cidade xa case choída por completo.
Que Quintana ou o BNG digan que os traballadores non deben paga-la crisis --eles din "crise"-- dos opulentos é unha completa idiotez demagóxica cando se fai a tal afirmación en Pontevedra, a cidade que era administrativa e comercial e que xa non é nengunha das dúas cousas, porque non se pode definir como cidade administrativa un contenedor. E inda piden máis autogoberno, cando aquí fixeron o que lles dou a gaña. ¿Pra qué queren máis poder estos estalinistas? ¿Pra acelera-la morte da cidade aínda máis, ou simplemente pra inauguraren roteiros polas beiras dos regatos, ou contratar máis malabares prá avivece-la concentración de borralla nas antiguas prazas da vila, perdido xa o seu carácter por culpa de estos necios?
Son os políticos máis qu´os funcionarios os que levan aquí uns nove anos a inauguraren ruínas.
Faro de Vigo, 20.12.2008: El BNG pide que los trabajadores no paguen la crisis de los opulentos. Pero si os políticos, os opulentos, non están en crisis, que nadan sobre a miseria das economías que axudaron a arruinaren!. ¿Máis autogoberno? Deus nos libre!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario