viernes, 19 de diciembre de 2008

A MAN NA CAIXA

A eutanasia vilega trouxo como consecuencia a concreción dun novo escudo funeral da cidade.
Espacio xa arrasado. Monumento a Castelao qu´os estalinistas queren asumir como estandarte e guieiro, cando Castelao non foi realmente un político, senón un verdadeiro artista, deixada a práctica do exercicio da Medicina.
Éste é o modelo de cidade. Infratascas que nen tan siquer dispoñen de espacio pra gardaren o seu mobiliario, que permanece atado ás columnas dos soportales invadidos.
Dos informes sobre os gastos irrregulares pódese deriva-la necesidade dunha depuración real de responsabilidades. A ver quén paga.


Pontevedra, 19.12.2008

Entrada n. 754 do blog

A MAN NA CAIXA,
por Xesús López Fernández

Resulta que o Concello de Pontevedra atópase en situación económica precarizada pola nefasta xestión levada a cabo. Obras outorgadas a dedo, moitas veces contratiños prá presunta fidelización de xentes, dalgún qu´outro gran irmán que lles permiteu vender un modelo de cidade que non tiña ó tempo que se foron cargando a vila, agora cun novo escudo funeral, como temos comentado: os cipreses ante o Teatro Principal.

O caso é que o Concello gastou, parece que indebidamente, oito millós de euros, suponse que pra máis matar á cidade, arterias, impedi-lo tránsito que no 2003 recomendaba Álvaro Siza como dinamizador do comercio local.

Fracasado o seu modelo viario, con edificios oficiales sen uso, como a Casa da Luz, se acaso reconvertida, despois de diversas remodelaciós i en tempo electoral, en espacio pra cursilliños ou obradoiro de encaixe de boliños, un falaz invento pra ilusionar a incautos ó tempo que compran o seu voto.

Agora queren máis do reparto de edificios das delegaciós da Xunta, sometidas todas á dictadura do contenedor de Campolongo, que dixo Touriño. E queren nada menos que o edificio de Sanidade, algo no que se lle nota o degaro a Fernández Lores, pra convertiren en solar e vender. Presuntamente.

Digamos que aí existía unha finca d´algo máis de mil metros, qu´a familia da miña muller viña dedicando á prantación de patacas. A colleita íntegra ía destinada ó Fogar Provincial. Era un donativo que se transportaba en carros do país ou por outros medios ó Hospicio de Pontevedra.

O malo do tema é que xa non cabe reversión aínda que s´abandone o uso pró que foi expropiado o terreo, daquela maneira, como unha aparente e voluntaria venta por trece mil pesetas. Ou por algo máis, dezasete mil. Podo consultalo. Que Lores queira ver nese chan un factor de ingresos pró Concello paréceme deshonesto, unha ofensa, un insulto ós mortos, ás xentes que tiñan outro sentido da solidariedade.

Sigue o enlace dun artículo do Faro de Vigo, 19.12.2008. I é que á Política non se pode ir pra facer, simplemente, caixa. Hai que facer cidade, crear riqueza e convivencia. Pero deso non saben máis alá de artella-la presencia da chusma e borralla en non poucas das prazas da zona vella. O seu modelo de cidade.

No hay comentarios: