martes, 2 de diciembre de 2008

IBERICA 2000.ORG

Pedro Arrojo, abandeirado da nova cultura da auga.

Pontevedra, 2.12.2008

Entrada n. 733 do blog

IBERICA2000.ORG,
por Xesús López Fernández

Os posibles consultores deste blog poden entrar na web de iberica2000 picando no seu enlace, incluído na barra lateral deste blog.

Podería falarlles mínimamente do gran traballo que esta agrupación ecoloxista non sectaria está a desenvolver. Na súa web mesmo han poder atopar algús dos meus modestos traballos referidos, en gran parte, ó ecoloxismo pontevedrés, mesmo a cómo se ten traicionado aquí a esta ría. Pero hoxe chegoume un e-mail de iberica2000, que inclúe vídeo dunha conferencia de Pedro Arrojo, educativo sobre a xestión da auga, a nova cultura sobre o líquido elemento, a función dos boscos, etc., a necesaria contemplación dos ríos como ecosistemas.

Sigue o video coa conferencia de
Pedro Arrojo do pasado mércores en Sueca.

Deixo aquí constancia do meu agradecemento por este documento, unha verdadeira perla que debería sere de obrigado estudio pra tódo-los políticos.

Qué razón ten o conferenciante cando fala das décadas de tecnoloxía e de chulería tecnocrática. Ó seu abeiro, tamén están matando a ría de Pontevedra os chacaritas políticos que puxeron estaribel de ecoloxistas. E aquí, nese colectivo de culpables, meto á xente de tódo-los partidos políticos. Non se salva nengún.

O enlace dá tamén acceso a outros, antre eles un informe en 140 folios sobre a AUGA, de Greenpeace, no que se informa da situación das concas acuíferas de España. Un estudio enciclopédico.

No hay comentarios: