viernes, 19 de diciembre de 2008

O PP, FERIDO

José Manuel Fernández González, ata agora concellal do PP, vaise. O partido está ferido, antre outras cousas, por non contare con políticos de valía como este home.

Pontevedra, 19.12.2008

Entrada n. 753 do blog

O PP, FERIDO,
por Xesús López Fernández

Xa onte foi unha nova de prensa e radio: o concellal José Manuel Fernández Rodríguez vaise da política. Según certo medio, Telmo Martín pedíralle que non fixese pública a súa intención ata despois do pleno.

O que dende o 1999 entrara na corporación local como concellal do PP, sería un pouco a revelación da oposición ó equipo de goberno involucionista formado polo BNG co estúpido apoio do PSOE que desta volta está maridado cos nazionalitaristas, suponse que pra evitaren problemas maiores a Touriño; que o Touroquín, o equipo bifronte á fronte da Xunta, esgace de mala forma estrando merda cara tóda-las partes.

Pois ben. Nun país no que parece que a Política é unha das formas de facer cartos, de acumular patrimonio aínda partindo da nada; nun país no que os partidos parecen todos feridos, por falta de honradez ou de imaxinación, o mal localízase tamén en cidades como Pontevedra, que si foi comercial e administrativa, asiste agora á posta en marcha dun gran contenedor funcionarial, en Campolongo, case a morte total da cidade.

Pero volvamos a José Manuel Fernández Rodríguez, co que teño falado non poucas veces; un home que tiña as ideas claras máis alá das consignas do partido de permiti-lo fracaso da cidade como modelo de convivencia. El foi aclamado dende xentes das bases do partido como posible candidato á alcaldía nas últimas elecciós locales, pró que sería designado Telmo Martín, en certo sentido baixo sospeita por presuntas irrregularidades urbanísticas, algunhas xudicializadas, que veñen xa da súa época de alcalde sanxenxino.

Pero é que, ademáis, o Partido Popular nunca vai estar axeitadamente representado pola sucesora de José Manuel na viceportavocía do grupo, Guadalupe Murillo.

Aí é onde se demostra a falta de ideas de Rajoy. A presencia de certos apelidos no seu organigrama, ¿qué terá de negativo que algunhas xentes que se supón están na Política pra serviren á cidade, acaben marchándose? Non todo o mundo, en función do amiguismo, pode ter protagonismo cando realmente non sabe o que hai que defendere.

O mal ten raíces profundas, como cando Cobián foi alcalde e tivo que se defrontar co propio Fraga, cando o modelo de cidade que eles (Cobián e López Abadín fundamentalmente) querían promocionar, de inserir na traza urbáa o campus universitario, tivo como gran opositor ó propio Fraga, que inda sigue a reclamar un certo protagonismo á hora de decir estupideces.

Síntoo por José Manuel Fernández González, un home que marcha desencantado, pero co que habería que contare pra unha posible e futura candidatura local, artellada dende a sociedade pontevedresa, tantas veces traicionada.

Lean aquí as declaraciós deste señor, señor, a La Voz de Galicia do 19.12.2008.

O PP está ferido, de certo que sí. Parece que xa sóo cunha opción única a nivel estatal: Esperanza Aguirre.

No hay comentarios: