martes, 30 de diciembre de 2008

AQUÍ VEN O MAIO....[28.03.2003]

Ría de Pontevedra, ó pé de Santa María. Fotografía de comezos do século XX, onde se aprecia o litoral de parte do barrio da Moureira, solar de mariños ilustres. Nen coa Carta de Aalborg, nen coa Axenda21Local son capaces as xentes do goberno local de soñar co mar que fecundaba o fondo da ría, litoral que deberían recuperar antes que soñaren con praias fluviales que nunca existiron. No espacio da foto sí que poderían facer unha praia real.
-
Pontevedra, 30.12.2008
-
Entrada n. 766 do blog
-
Artículo recuperado do ano 2003. Coa claridade de visión que dá o tempo, vese que o nel afirmado permanece en vigor, qu´a Política non asumeu aínda como asignatura a defensa do medio ambiente, especialmente en Pontevedra, cada día máis Gulag. Hoxe máis que no 2003.
-
Aquí ven o maio...[28.03.2003],
por Xesús López Fernández
-
Decía a pasada semáa que xa comeza a chegar ós buzóns a propaganda dos partidos, tamén a “perla” do boletín municipal do BNG [non do Concello, quede claro]. Gañas de gasta-los cartos pra nos conta-las cousas ó seu xeito, pra nos decir unha vez máis o qu´eles entenden por futuro, por humanización, por calidade de vida, por modelo de cidade. E pra calaren, como sempre, o escenario de miseria qu´o seu urbanismo veu configurando ata o d´agora: monocarrilismo de corredoira, peatonalización salvaxe, ruína da zona vella que inda sofre a guerra do Urban, a mesma que acabou co tipismo das nosas prazas, arrasadora incluso do patrimonio de todos, que posibilitou novas barreiras arquitectónicas e pedras d´abalar [eso que non estamos en Muxía] e moitas trampas [as tapas de madeira dos rexistros], que arestora sustitúen celéricamente polas definitivas de pedra, a ver si resisten ata o 25 de maio. “Aquí ven o maio de frores cuberto, puxéronse á porta cantándome os nenos....”, que decía Curros, tempo de votación i esperanza, tempo no que a sociedade independente pode cambia-los pronósticos, as previsións demoscópicas.

¿Cáles poden se-las posibilidades de grupos como a ICPraceres ou a Convergencia Independiente por Pontevedra? Difícil sabelo, pero sí existen posibilidades porque a xente vai cansa de partidos como os que aquí suscribiron a Carta de Aalborg sobre Cidades Sostibles, pero que semellan non estaren polo labor dunha política medioambiental axustada ás nosas necesidades. Vemos que non se fixo nada por mante-la dignidade de espacios como a Illa das Esculturas ou o Parque lineal do río Alba. De vez en cando, sí, fan algún discursiño axeitado, falan da recuperación das xunqueiras, do saneamento do río-ría, de entubar máis augas sucias pra que non se vexan. Ou do necesario traslado de Ence-Elnosa... Pero en nengún momento se lles ocurreu denuncia-los recheos que a Autoridade Portuaria está a facer, sen estudio de impacto ambiental, en Marín-Estribela. I ésto é algo que, de momento, só ten denunciado a Iniciativa Cidadáa d´Os Praceres, e son eles os que promoveron a única denuncia existente na vía contencioso-administrativa. ¡Eso é algo que non foi denunciado polos concellos afectados nen por nengún dos partidos que asumiron a adhesión de Pontevedra á Carta de Aalborg!

A maior abondamento en torno ó tema da Ecoloxía quero facer unha referencia ó que di a Xunta nos periódicos: “Galicia está viva e ten futuro”. É a súa particular venta do Plan Galicia a toda plana, e afirman: Recupera-lo medio ambiente loitando de forma implacable contra a contaminación mariña e do litoral, e poñendo tódo-los medios prá conservación da biodiversidade. ¿É que os recheos de Marín-Estribela non son unha clara agresión ó medio mariño, un atentado á biodiversidade, un esforzo bastardo pra acabaren co mar, pra crear solar e configurar alí un polígono industrial non declarado, un claro delito medioambiental? ¡Menos mal que os d´Os Praceres [que levan no seu programa a recuperación de Lourizán como praia] aprenderon a axiliza-las denuncias como a do martes pasado por delito ecolóxico, polo dragado de area [¿pró porto ou pra Silgar?] novamente ante o silencio estulto dos grupos políticos instalados!

Así como me chegou o boletín do BNG entregáronme un dossier da ICPraceres, o expediente sobre os citados recheos que carecen de estudio de impacto ambiental, que obvian por “innecesario”, por ser aquel un espacio degradado a consecuencia da contaminación sofrida. Nos planos da actuación e dos recheos previstos non aparece a Illa de Tambo [que por algo non a queren incluir no Parque das Illas Atlánticas], que se supón quedaría a uns 150 metros do esquinal no novo polígono. ¡E os partidos calan como putas cando aí existe un Nunca Máis polo que loitar se tiveran dignidade!. E pra rematar por hoxe aí vai outra perla, tirada esta do escrito presentado por ICPraceres ante a Sección Segunda da Iltma. Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, A Coruña, 02/4014/2001, que a pé do folio 14 i en relación co ferrocarril da discordia afirma de forma realzada: “La conexión es subterránea, reflejándose con grafía discontínua en los planos.”, pra de seguido aclararen (Tomo 4º Folio 15) “Subsanación II.4: Esta conexión es subterránea y ya se encuentra realizada, y la misma se ha grafiado en los planos, mediante punteado.” Afirman, pois, que o tren vai por un túnel e non pola praza dos Praceres. ¡Qué estupidez! Coido que hai moito que decir noutros boletíns; que tamén a C.I.-Pontevedra pode pensar nunha campaña agresiva se cristaliza a súa candidatura, nun Nunca Máis a tantísima cousa como aquí se leva feito, como queren facer en San Antoniño ou na Ferrería....”Aquí ven o maio de frores cuberto...”, que decía Curros.

No hay comentarios: