Como se comenta na entrada anterior, este espacio pode se-lo novo escudo pontevedrés da zona vella, cimiterio total. Aquí xa había crisis hai oito anos. Somos uns adiantados gracias ó BNG.
martínmorales, ABC. No panorama xeral da crisis, teríamos que ter coidado de non consumir cava catalán, qu´o trío do "castellet" non-o merece.
Caín, en La Razón, como sempre, é un extraordinario retratista da situación económica que vive o país.
Caín, en La Razón, novamente. "Congratulémonos porque o número de medidas do Goberno vai ser maior qu´o de parados".
-
O ipc interanual estimado pró 2008 nun 2,40 por cen, o menor de moitos anos e que non casa coa apreciación común dos cidadáns, vai significar unha menor suba prós pensionistas e xentes de economía precaria, coa música de fondo de hipotecas incumpridas ou de gastos de desprazamento pra compriren co seu deber laboral. Hai moitos aspectos da economía da clase media que non se tiveron en conta. Xogouse con moita ledicia, apostouse polo sector inmobiliario e pola fabricación de vehículos máis alá do sentido común e da sustentabilidade, e fracturouse o modelo de crecemento. En definitiva, debemos estar xa nos tres millós de parados. I eso non queda aí, que a OCDE prevé un aumento de ata un 14.20 por cen da poboación activa no 2009, que no 2010 podería chegar incluso a un 14.80%. Que o ipc, que chegou estar nun 5% diminuíra ó citado 2,40 pode ter que ver coa caida do precio do crudo e tamén da contracción do consumo dos cidadáns, na fronteira de resistencia vital.
Son moitas as empresas que caíron. Outras moitas han caer. I existe un malestar xeneralizado certo, máis alá do optimismo dun Zapatero que agarda non se confirme a recesión. Pra mostra abonda o botón das palabras dirixidas ó presidente por un empresario, despois da súa intervención, o pasado Xoves, na inauguración da Conferencia Empresarial da CEOE. No tempo dos aplausos, o home fíxose oir coa afirmación de que as cousas estaban peor do que decía o presidente e que moitas empresas non resistirían porque xa se tiñan quedado no camiño. O empresario, Miguel Cantos, presidente da “Asociación de Garajes de Madrid”, o que levantou a voz indignado, matizaría o Sábado 13 ante Europa Press TV que non se tomaron medidas a tempo e que Zapatero fixo un discurso que levaba preparado, sen nengunha nova aportación. O señor Cantos pide máis diálogo e compromiso cos empresarios e sindicatos por parte do executivo. “O Goberno ten que poñe-lo carro, dí, e do carro turramos todos, e si hai un coste político ou popular, asumirémolo tamén”.
Oín este pasado 13.12 parte do discurso do presidente na II Conferencia de alcaldes socialistas da Comunidade de Madrid. Encontreino falto de tensión e con pouca pegada. Certo que os 33.000 millós de euros da súa promesa inversora poden ser dinamizadores se non se cometen erros, case sempre inevitables. Na conferencia da CEOE chegara afirmar que confiaba que as previsiós dunha recesión global no 2009 resultarían erróneas, “como o foron ó non pronosticaren a crisis actual”. ¿Cómo? Lembrémo-lo debate Solbes-Pizarro e as palabras deste último, anunciadoras da situación que estamos a vivir. E son os políticos causantes da involución habida os que deben cesar no seu protagonismo. Porque se na construcción sobra agora un 70 por cen do persoal pola contracción nesa porcentaxe na venta de vivendas, na clase política pode ser necesaria unha regulación parella: menos políticos, menos asesores, menos sindicalistas liberados, menos coches, etc.
Que se primen políticas prá creación de emprego parece elemental. Os millós vanse repartir nos sectores da construcción de infraestructuras públicas i en medio ambiente. E 8.000 millós nos concellos, como dinamizadores, cando máis dun axuntamento, ó abeiro dunha política urbanística irreal, ten anticipado o tempo de ruína que vivimos; nalgún caso sabido, máis de oito anos. Promove-la rehabilitación de vivendas parece unha medida necesaria; falar de novas construcciós cando existe unha bolsa de centos de miles sen habitar ou rematar pola seca vendedora que se dá, merece o calificativo de discurso populista. O sector bancario demanda liquidez, ¿…?. O control do Goberno faise necesario á hora de aporta-la que o 95% da sociedade apoia, en evitación de situaciós de penuria familiar ou de desemprego. Unha política fiscal incentivadora podería favorece-la recuperación; tamén a minoración de gastos da Administración, na que sobran persoas, como sabemos. Mal panorama.
Pontevedra, 16.12.2008
Entrada n. 750 do blog
Panorama económico 2,
por Xesús López Fernández
(artículo semanal, 15.12.2008)

No hay comentarios:
Publicar un comentario