Intervención dos saboteadores nazionalitaristas, os galizos, na charla de Núñez Feijóo, en Santiago.
Pontevedra, 12.12.2008
Entrada n. 747 do blog
SABOTEAN A NÚÑEZ FEIJÓO,
por Xesús López Fernández
Conforme agardaba Núñez Feixóo, a súa intervención de onte en Santiago foi saboteada por un grupúsculo radical, seguramente da mesma laia da que hai escasos meses tivo unha nefasta intervención nun acto electoral de María San Gil, agora xa fóra do PP a consecuencia da deriva que ó partido lle está a impór Mariano Rajoy, que o podería ter fácil en Galicia, pero que o vai ter dificilísimo.
Como estamos xa en tempo electoral, é de agardar que poidamos asistir a máis actuaciós imbéciles como a que describiron diversos medios, das que se insiren enlaces seguidamente.
Sen a loxística do País Vasco sábese que, en certo sentido, esa chusma que quere reventa-las charlas da dereita son os que aquí están a moveren as nogueiras pra que outros recollan as noces. De momento simples aprendices. Pero, coidado...!
Cunha actuación policíaca mínima sería fácil determinar a quén estaban a obedeceren os alborotadores, a qué asociaciós dependentes do nazionalitarismo radical pertencen esos cachorros.
Que Touriño denuncie a referida actuación é de agradecer. Pero perguntamos: Si a actuación fose do propio Touriño ou de Pepiño Blanco, ¿non tería intervido a policía?. Hai que valora-lo posible uso d´algún insecticida pra que toda esa piollada que anda polo medio non impida o exercicio da libertade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario