domingo, 28 de diciembre de 2008

EÓLICAS [29.12.2008]

Parque eólico.
-
Pontevedra, 29.12.2008
-
Entrada n. 763 do blog
-
Artículo semanal remitido a diversos medios.
-
Eólicas,
por Xesús López Fernández

As eólicas son noticia estos días pola asignación do BNG, en solitario, de 2290 megavatios de potencia que se van repartir en 78 parques, algo que pode ser cuestionado. Sen embargo, a asignación que en principio se fixo beneficia exclusivamente a empresas galegas: as Caixas, Norvento, Endesa, Puentes, Engasa e o grupo San José, ademáis de conserveiras, lácteas e industrias do sector da pizarra. Certo que pode haber algunha sombra no reparto do pastel, como é o feito de que Innovación e Industria non lle pasase ós técnicos das outras consellerías os estudios das propostas nada máis que dous días antes de toma-la decisión, como se ese corto espacio de tempo fose dabondo pra repasalas polo miúdo, porque… ¿cánto tempo terán precisado os técnicos de Industria? Un ten que se perguntar se son asignaciós definitivas ou se non terá que decidi-lo Consello da Xunta ó respecto. Quedan moitas perguntas no aire porque estos proiectos de enerxías renovables, nos que España actúa como un país emerxente inmaduro, teñen que sere coidadosamente estudiados en evitación de danos irreparables: paisaxísticos, ecolóxicos…

Na instalación de virandelos convén que as comunidades de montes teñan sempre a máxima información prá defensa dos seus dereitos e beneficios, e polo posible impacto ambiental negativo. Podo lembrar aquí un caso citado nun traballo anterior [Aeroxeneradores, ano 2005], que cristalizara daquela nunha denuncia ante a UE promovida por unha señora de Muras, ante a presunta ilegalidade de tres parques eólicos instalados na serra d´O Xistral, zona protexida da Rede Natura, porque a Xunta, “actuando dacordo coa lei” e sen ter atendido os requerimentos da denunciante, non quíxo ter en conta que alí existían tres hábitats de interese comunitario. E os accesos a dous dos parques afectaron ó nacente do río Eume; tamén ó Landro. Citemos que a denunciante acodeu á Unión Europea despois de ter recurrido ó TSX de Galicia contra a instalación dos parques, ademáis dun proceso penal incoado en Santiago por un presunto delito contra o medio ambiente.

Lembremos que dos primeiros virandelos da nosa terra houbo que reparar non menos de 2400, e que a súa presencia podía definirse un pouco como “enerxía que non vai, montes crucificados..”, algo no que a propia Xunta acabaría en reparar, a falare de verdadeiro feísmo paisaxístico en certos casos. I en diversos países extreman agora as posibles concesiós unha vez sabido o tremendo impacto dos aeroxeneradores sobre certas especies de aves, como poden se-las cigoñas negras, águias e avutres. E así, a consellería de Medio Ambiente da Generalitat Valenciáa cifraba en febreiro deste ano en 177 avutres os exemplares mortos por impactos contra as aspas ou bases dos aeroxeneradores da comarca de Els Ports, Castellón, onde existen 273 virandelos espallados en tres zonas. O sentido común demanda respeto prás zonas ZEPA e que o Plan Eólico valencián procure outros enclaves.

Consulto agora a fotografía dun gran parque eólico construído no 1989. A pé de foto léese: “Chatarra eólica en Hawai. Non hai cartos pra desmontala. ¿Pode acontecer noutras partes?”. I é que a enerxía orixinada polos virandelos é oscilante; daí que teña que ser complementada coa de centrales térmicas de gas ou carbón que, neste caso, podería conlevar aínda unha maior emisión de CO2. Non debe extrañar, pois, que o presidente de “Red Eléctrica Española”, Luís Atienza Serna, teña definido a enerxía eólica como non xestionable, “que se con 11000 megavatios un día poden aportare 8000, outros só 400”. Temos necesidade dunha aportación constante e coa eólica, impredecible, ademais de atende-la demanda, teremos de atende-la variación do vento. Teñamos tamén presente que o Tribunal de Luxemburgo ten condenado á Comunidade Valencíáa por non ter designado as necesarias ZEPAS, algo a ter en conta nos proiectos, que non conocemos, dos concesionarios galegos.
-
Siguen varios enlaces de noticias desta data en La Voz de Galicia:

No hay comentarios: