lunes, 29 de diciembre de 2008

SKATERS PROHIBIDOS

A escea da fotografía non vai ser posible xa en Valencia, onde unha normativa recén aprobada prohibe o uso de monopatíns, patinetes e bicicletas por beirarrúas i espacios peatonales: rúas, prazas, parques....
-
Pontevedra, 29.12.2008
-
Entrada n. 764 do blog
-
SKATERS PROHIBIDOS,
por Xesús López Fernández
-
Vale xa o comentario a pé de foto, unha filosofía moi lonxáa da en Pontevedra asumida por Lores e o seu equipo.
-
En Valencia acaban de prohibi-la presencia desos "peligros" por beirarrúas i espacios peatonales, algo que aquí se consinte e que incluso pode compromete-la marcha dalgún negocio, ocupada a prazoleta de acceso ó mesmo, como é o Hipermercado Froiz, sometido á continua agresión dos skaters. ¿Non será unha forma de lle prantexar ó centro comercial a comenencia de pagar algún tipo de imposto revolucionario pra que se vele por mante-lo aludido espacio libre do andacio do monopatín?.
-

No hay comentarios: