martes, 30 de diciembre de 2008

ENCE E AS EÓLICAS 2

Fondo da ría de Pontevedra, punto de partida de mariños ilustres polos mares do mundo, hoxe máis ameazada que nunca. A vila, berce de navegantes polo mar Oceano, xa non é porto de mar.

Pontevedra, 30.12.2008

Entrada n. 765 do blog

ENCE E AS EÓLICAS 2,
por Xesús López Fernández
-
Na distribución dos parques ecólicos non saeu ben parado o proiecto presentado por ENCE, que ó parecer podería representa-la fin da presencia da factoría en Lourizán.
-
Coincidindo coa noticia do fracaso, Ence fala de novo de que non estaban a negociare o traslado. Lores comentou que era unha mala noticia que non lle outorgaran o quiñón a Ence.
-
O PP, que podería ter tódo-los triunfos na man facendo comprire a lei, o traslado da pasteira por non ter, realmente, concesión dende a súa privatización, como xa temos comentado, sigue a xogare á defensa da ocupación irracional da ría ou ó traslado proposto por Telmo Martín, a Bora, outra forma de seguir perdendo elecciós.

Pode que desta volta sexa CCOO a que mellor apunta, ó decir que non hai sintonía antre Lores e Quintana, que parece reparteu megavatios como quixo, e pexou así a xogada que Lores tiña delineada, si é que a tiña, que non creo, porque si ENCE sigue onde está é por culpa do poder local, agora nas mans do Bloque.
-

No hay comentarios: