domingo, 21 de diciembre de 2008

DE CASA DA LUZ A CASA DO TURISTA

A Casa da Luz, foto de La Voz de Galicia. Neste blog poden atopa-los interesados fotografías máis realistas, demostrativas da miseria acaída no lugar, letrina e mercado do rastro. En definitiva, nova economía.

Ponteveda, 21.12.2008
Entrada n. 756 do blog

DE CASA DA LUZ A CASA DO TURISTA,
por Xesús López Fernández

Unha carallada. Aínda que a decisión proceda do concellal de Promoción Económica sábese que a actuación na casa, outra nova reforma nese edificio infrautilizado dende que dalí foi expulsada a Policía Municipal, non vai servir de nada.
-
Quixeron no seu día converti-la praza da Verdura, cambiándolle o seu aspecto, en Praza Roxa. Nada, recanto de miseria e suciedade, lugar no que se pode trapichear; pero a Policía xa non está pra vixiar esas cuestiós, e meros guardadores os seus axentes da probeza peatonal, só saben multar ós vehículos que penetran na zona, ó mellor a prestaren un servicio a algunha familia residente, das que resisten no Gulag estalinista.
-
Que se gasten case 800000 euros na nova "remodelación" e no cerre do baixo cuias mamparas foron levantadas a consecuencia da política sincopada de Mosquera e Pilar Rojo, que agora vai na lista promovida por Rajoy prás autonómicas e que antes fora delegada provincial de Cultura, de triste recordación, non deixa de sere un insulto.
-

No hay comentarios: