sábado, 27 de diciembre de 2008

ENCE E AS EÓLICAS

Factorías de Ence i Elnosa, coa concesión presuntamente perdida. Fotografía de La Voz de Galicia.-

Pontevedra, 27.12.2008-

Entrada n. 760 do blog-

ENCE E AS EÓLICAS,por Xesús López Fernández

O BNG acaba de outorgar unha serie de concesiós a diversas firmas, en relación con proiectos de instalaciós de parques eólicos, de enclaves de aeroxeneradores que como se sabe non son xestionables polas caídas contínuas de tensión que se producen; que precisan do soporte da enerxía hidroeléctrica ou ben da xenerada por centrales térmicas de carbón ou gas.-Penso ocuparme deste tema no próximo artículo semanal, a publica-lo 29.12.2008, polo que desta volta insiro aquí, simplemente, algún enlace de noticias da prensa d´hoxe. E que cada quén pense o que queira.-Antre as empresas que pulaban pola correspondente cuota de megawatios estaba Ence, que condicionaba a súa marcha de Lourizán á dita concesión. Pero non resultou agraciada, o que vale pra que Lores queira seguir a vende-la burra da súa actitude anti-Ence, que hai xa tempo quedou descafeinada, porque o Concello de Pontevedra ten información d´abondo de que Ence carece de concesión nas marismas de Lourizán por non se ter transferido a mesma no momento da súa privatización.-E lembremos tamén algo que xa está dito neste blog, de cando o BNG propoñía o traslado da fábrica a Curro-Meis, con fornecemento d´auga dende Pontillón do Castro. E que, ademáis, a financiación do traslado faríase coa plusvalía que xerasen os terreos das marismas de Lourizán, convertidos en solar pra vivendas sociales que construiría a Autoridade Portuaria. Inmorales. Siguen algús enlaces.

La Voz de Galicia, 27.12.2008: Lores y Ence....

En relación con algo que aparece na noticia do enlace anterior, de que o PP, se goberna no 2011 consultaría ós pontevedreses sobre a posibilidade de montar un parque tecnolóxico da madeira en Marcón, e transferir pra alí o complexo de Lourizán. É decir que, estúpidamente, están a lle facilita-la permanencia ó BNG na alcaldía, cando sería moi fácil botalos do mapa político. Pero Pontevedra, señores do PP, xa sofreu d´abondo, en parte por culpa de Ence. I en parte porque o partido deixou a alcaldía nas mans do BNG, que reconvertiría a cidade nun Gulag, espacio deprimido e sucio. Polo que se ve, o PP sigue tendo vocación perdedora. Síntoo. Sinto decilo de forma tan clara.

-La Voz de Galicia, 27.12.2008: Touriño di que a decisión final del reparto será do Goberno da Xunta.-
La Voz de Galicia, 27.12.2008:Opinión. As novas redes, de Sofía Vázquez.x

La Voz de Galicia, 27.12.2008:Opinión. As novas redes, de Sofía Vázquez.

No hay comentarios: