jueves, 11 de diciembre de 2008

COSTA ARRASADA

Contrasol dende Festiñanzo. A agresión urbanística en Festiñanzo, Sanxenxo.
Algo de natureza aínda, por pouco tempo, en Festiñanzo.
Os horrores urbanísticos de Sanxenxo e Poio parecen converxer en A Granxa e Festiñanzo como gran tsunami do cazo recalificador.

Pontevedra, 11.12.2008

Entrada n. 746 do blog

COSTA ARRASADA,
por Xesús López Fernández

A pesar do dito por uns e outros en relación coa defensa do litoral, o certo é que permanece o permanente arraso, a recalificación de espacios que deberían ser lugares a conservare, o noso mellor capital, o capital natural.

A este paso é posible que na ría de Pontevedra non quede nada de verdor en ámba-las bandas. Quedaralles pra xogar, en todo caso, o espacio de Punta Udra, o "espazo" como eles din e nos queren impoñer pola vía da norma do Diktatt.

Siguen dúas noticias de La Voz de Galicia, a primeira delas en relación coa "morte" de punta Festiñanzo, que separa a praia d´Areas do pequeno areal no que morre a vagoada da Granxa-Os Cotos, ou como ben se chame o lugar.


Alí vanse construir 260 chalés.


E a ver cómo mantén Touriño, en campaña electoral, qu´o 90 por cen dos galegos van quedar exentos de pago do Imposto Sucesorio co límite exento establecido polo goberno bifronte de 125000 euros.

Que non sigan decindo tonterías, nen uns nen os outros, cando realmente o que prometan vai ser máis de roubo ós cidadáns, porque tódo-los disparates que van seguir facendo van estar subvencionados polo que nos cobren pola vía da fiscalidade.

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Pontevedra era unha vila mariñeira, pero perdeu o mar. Un novo ataque ó seu litoral é o da nova ponte d´As Correntes, unha especie de obra demencial, como no seu día foi igualmente a ponte dos Tirantes, que chega imposibilitare,nas mareas equinocciales, o paso das piraugas.