mingote, abc, 28.12.2008. Santos Inocentes.
-
Pontevedra, 27.12.2008
-
Entrada n. 762 do blog
-
SANTOS INOCENTES,
por Xesús López Fernández
Mañán é o día dos Santos Inocentes. Tamén o día no que se vai celebra-la misa da Sagrada Familia que prevé unha gran concentración en Madrid, co movemento neocatecumental de Kiko Argüello como dinamizador. Rouco Varela conta con el.
A familia é peza básica da sociedade, pero o acoso á mesma vai nestos tempos máis alá que no tempo de Herodes. Agora chega o holocausto silenciado mesmo ós nenos en xestación que moitas veces acaban en bolsas de vasura abandonadas ó abeiro de clínicas abortistas, como se fosen restos cárnicos caducados, infectados.
Pero aquí o que sí parece caducou foi a conciencia da caste política que se dispón a aprobare o que na práctica vai funcionar como unha lei de aborto libre.
Sigue un video de Eduardo Verástegui, que os interesados poderán seguir en inglés ou español. Contén esceas duras, filmaciós de asesinatos de nenos nonatos.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario