Foto de La Voz de Galicia. Mariscadoras co gran tremedal no qu´a contaminación e o urbanismo están a convertiren a ría, ó fondo.
Pontevedra, 3.12.2008
Entrada n. 736 do blog
Entrada n. 736 do blog
O marisqueo que morre
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Hai uns días se denunciaban os novos recheos do porto de Marín, que sigue falto dunha dirección verdadeira, máxime agora que o queren incluir, como gran base de contenedores, no tránsito marítimo mundial.
O PP tivo unha gran culpa cando considerou bos os recados que lle pasaba, de parte do clúster que domina a actividade portuaria de Marín o seu peón de confianza, Tomás Iribarren, o mesmo que recollía a carteira de Rajoy despois do debate televisivo do seu presidente con ZP. Así lle vai ó PP.
Mais a involución marcada polo PP é a mesma que desta volta acentúa o PSOE, sen capacidade rexeneracionista, sen vocación ecoloxista. E aí está o fracaso desta ría como gran factoría da natureza, a consecuencia do crecemento do porto de Marín; a consecuencia tamén de convertilo en gran balsa de decantación, como denunciabamos no noso traballo do 1.12.2008.
Nun momento no que o país está marcado polo paro, no que os homes --e mulleres-- terán que procurar traballo no marco da economía de subsistencia, na propia natureza, a ría cobraría unha importancia enorme, porque abondaría en certo sentido cunha cana de pescar ou cun raño pra collere ameixas pra resolve-lo problema do condumio que desta volta teñen 600000 fogares do país.
A ría de Pontevedra, o sistema ecolóxico todo do río e da ría, é asignatura pendente dos políticos en exercicio. Vamos, é un decir, porque o que se dí en exercicio, case nengún está. Cobran. Pra eles non existe o paro. E viven con ingresos millonarios porque nos están a roubare. E a acabare coas posibilidades de que algús, co recurso á pesca ou ó marisqueo, poidan asegura-la mantenza de cada día.
Sigue o enlace dunha noticia de La Voz de Galicia, d´hoxe, que recolle a acusación da Autoridade Portuaria, do Surís do PSOE sucesor de María Ramallo do PP, sucesora de Tomás Iribarren, todos colaboradores na masacre, na morte da ría, da que culpan ós vertidos urbáns, que tamén é certo e que non se resolven meténdoos no fondo deste noso mar por medio dunha depuradora ilegal, como predica Lores.
Total: o marisqueo morre, a pesca da ría morre. Por culpa deles.
¡Aí tería Garzón un tema fino, seguro que sí! Que se atreva. A búsqueda dos delincuentes é fácil neste caso. Están á vista. Os presuntos, aclaremos.
[AQUÍ, EN PONTEVEDRA, TAMÉN ACTÚA O MERCURIO, COMO EN MINAMATA]
No hay comentarios:
Publicar un comentario