Mercado reconstruído que non resultou o motor da renovación da zona vella. Non prima o criterio dun Mercado dinámico, non fai de lanzadeira da actividade mercantil do barrio... Tería que abrir tamén polo serán. E talvez estar doutado dunha pranta de ocio. Pero neso non se quixo pensar, senón en renovar un edificio sen tradición, feito nos anos 40 do pasado século. Primou eso sobre a funcionalidade. Así nos vai.
Pontevedra, 9.1.2008
Os presaxios compríronse. As obras lentas, a zona vella sen aparcamentos, a peatonalización salvaxe, o Mercado non foi renovado con intelixencia senón como obra estéril e así, pouco a pouco, o pequeno comercio vai cerrando, porque Mercado era toda a zona vella, algo que non quixeron ve-los chacaritas que nos gobernan, que o asumiron no seu Gulag. Resisten algús bares e non se controla o tipo de negocio que poida haber nalgún que outro deses establecementos, ás veces e pola franza que se respira ó pasar onda eles presuntos fumadeiros de cánnabis. Xa me entenden. O Urban non valeu pra nada máis que renovar algunha que outra fachada. En fin, Pontevedra como aposta non lle interesou ós "nazionalitaristas" non galeguistas. E así temos Gulag servido. Hai que insistir, reiterar que ese é o modelo do goberno local.
Os presaxios compríronse. As obras lentas, a zona vella sen aparcamentos, a peatonalización salvaxe, o Mercado non foi renovado con intelixencia senón como obra estéril e así, pouco a pouco, o pequeno comercio vai cerrando, porque Mercado era toda a zona vella, algo que non quixeron ve-los chacaritas que nos gobernan, que o asumiron no seu Gulag. Resisten algús bares e non se controla o tipo de negocio que poida haber nalgún que outro deses establecementos, ás veces e pola franza que se respira ó pasar onda eles presuntos fumadeiros de cánnabis. Xa me entenden. O Urban non valeu pra nada máis que renovar algunha que outra fachada. En fin, Pontevedra como aposta non lle interesou ós "nazionalitaristas" non galeguistas. E así temos Gulag servido. Hai que insistir, reiterar que ese é o modelo do goberno local.
OS SILENCIOS DO MERCADO [12.11.1999], por Xesús López Fernández
De todos é sabido que o Urban tenta consegui-la revitalización da zona vella e que, como peza central da mesma –no aspecto económico— aparece o tema do Mercado de Abastos, reconvertido en centro moderno.. Non se entende o sobregasto producido nun mercado provisional cando outra construcción, infrautilizada, podería ter cumprido esa función: o Pabellón Feiral das Construgalias e Ferpalias....Se tal cousa fose posible, agora non estaría o Concello tan falto de cartos prá acometida do novo-vello Mercado. O edificio, agora calado, pendente das obras que non se sabe ben cándo van comezar. E o comercio da zona sinte ese parón, víctima xa da política de despropósitos do goberno anterior –que si o Mercado cerraba en Setembro do 1998, temporada de compras condicionada pola insolvencia política á hora de decidir--.
A depresión da zona, que xa viña de atrás polos problemas de infraestructuras, falta de aparcamentos, falta de soluciós –nen tan siquer un concurso de ideas-- a non regulación do entorno como zona azul –que parece vai ser unha pronta realidade, máis ou menos--, a peatonalización que non vai porque non se está a cumpri-lo bando --a súa aplicación polos axentes da policía--, pero que sería mellorable coa correcta sinalización da zona e un par de sanciós. Pero nunca o retorno á anarquía dunha zona enzudrada pola aparcaxe masiva de vehículos –a zona vella como garaxe permanente— que viña sendo un auténtico lastre que algús botaban de menos, que mesmo defenderon con calor, nunha reunión informativa convocada por Zona Monumental o pasado xoves, 11 de Novembro, presente o concellal Mosquera.
A inauguración do mercado provisional –repique de campás de non retorno ó vello, noticias mal dadas— foi seguida dun afán porque as obras de rehabilitación/modernización comecen xa...¿En Xaneiro...? Hai que estudia-la viabilidade do aparcamento baixo o propio Mercado de Abastos... Pero o asunto vai pra longo --¿dous anos?— e moitos comercios non van resistir, nen exentos do IAE antre outras posibles medidas de tipo fiscal, porque pra ser comerciante como pra vivir na cidade vella –ruídos, suciedade, perda de calidade de vida— hai que ter un valor certo. Hai que protestar e demandar unha política de transparencia e acortamento de prazos. A problemática é real e co mercado provisional --a ponte e os semáforos como fronteira— non se beneficia o comercio pontevedrés. O silencio do Mercado pode mata-la zona.
Son excéptico e coido faise necesaria a creación dunha mesa que se dedique a facer un seguimento do día a día de tantas cousas que afectan á zona vella, unha mesa sempre crítica e cauta... Unha obra que dure dous anos sería algo insoportable. Poderían incluso estar solapados intereses silenciados no posible delongamento dos prazos, porque se o Urban está pensado prá nosa posible revitalización outros intereses –persoas e instituciós— poden ir por diferente camiño, converti-lo Urban en algo sen aplicación no noso medio. E poden algús pensar na zona vella como nun gran solar pra un tempo futuro ou, simplemente, deixala como especie de gran citania deshabitada, peza de museo. O silencio do Mercado, a súa paralización, pode ser como o gran brazo de palanca que posibilite a morte final da zona vella. Confiemos en que as cousas camiñen. E a mesa reivindicatoria pode ser, tal vez, unha boa receta.
1 comentario:
Non se fixo un seguemento da actuación en relación coa zona vella, causa principal da súa ruína. Desta volta parece que tamén o Mercado está a morrere.
Pontevedra xa non é centro comercial, por inaccesible. Pra resolvere as necesidades de compras e aparcamento está Carrefour, que preside o que foi ministro de Fomento, Arias Salgado. E outros centros con parking gratuíto. ¿Acordos baixo da mesa? Presuntamente,sí.
Publicar un comentario