martes, 7 de octubre de 2008

O PIORNEDO DOS ANCARES

Pita do monte ou Urogalo, máis grande qu´o galo, nalgún tempo ave senlleira dos Ancares, posiblemente desaparecida pola cobiza dos cazadores; tamén polos cambios producidos na flora da bisbarra.
[De Panoramio] Lusco-fusco en PIORNEDO DOS ANCARES.

De fotografías de Galicia: Pallozas en Piornedo dos Ancares.

Pontevedra, 7.10.2008.

Entrada n. 622 do blog

PIORNEDO DOS ANCARES,
por Xesús López Fernández


Antre os anos 70 e 80 os galegos comezaron a descobrire que no seu país existía unha comarca especial, hoxe declarada reserva da Biosfera.

As reportaxes periodísticas comentaban que alí aínda quedaban aldeas sen luz, cabanas prehistóricas, as pallozas, nas que convivían os homes co gando, como foi tradicional ata hai pouco nalgunhas aldeas de Galicia, sobre todo do interior. Homes e gando dabanse soporte mútuo, ata que chegou a gran desfeita: o gando desaparece, as aldeas morren, e tamén o idioma do que foran sentinela milenaria.

Pobos sen estradas, aillados no inverno pola neve, coas prácticas agrarias que descobriran hai tempo a sustentabilidade que doe i está lonxe do que hoxe chamamos calidade de vida. A labranza alí en uso levabanos douscentos anos atrás.

A montaña, os boscos autóctonos inmaculados, valiñas profundas chamadas cavorcos, cumios inaccesibles, outos cumes....Flora variada e fauna única en Galicia: cervos, rebecos, incluso osos . Nacía o mito dos Ancares, un destino de ida e volta no día si se quer, pero que puxou a algús a permaneceren no lugar, tan siquer na fin de semáa ou por temporadas; un baño da natureza e antropoloxía facilitado agora polo asfalto, a sinalización e a hostelería alí existente.

A consellería de Medio Ambiente tracexou ou tentou tracexar un plan líder pra potencia-la permanencia das xentes na bisbarra, plan do que o PSOE se desmarcaría ó non seren invitados cando o anuncio da súa arrancada.

As fotografías que se inclúen ou a exposición que se fai no enlace que sigue mostran claramente o que é O Piornedo: casas de pranta circular como as casarellas que aparecen a pouco que se cave nos distintos castros do país: Santa Tegra, Castromao, etc.

[Bogdan. FOTOS DOS ANCARES Picade aquí.]

[Vede tamén, á dereita do blog, dous enlaces.Un video e unha foto panorámica do lugar de Piornedo. Vale a pena.]

No hay comentarios: