viernes, 3 de octubre de 2008

CUESTIONADO O PLAN ACUÍCOLA

O Plan acuícola cuestionado ata con algún sinal de prohibición. Foto de El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 3.10.2008
-
Entrada n. 615 do blog
-
CUESTIONADO O PLAN ACUÍCOLA,
por Xesús López Fernández
-
Cando o asunto está visto pra sentencia, a Xunta decide suspende-lo vello plan pra poñeren en marcho un novo, que ven ser un calco do de López Veiga.
-
-Sen embargo, dende Política Territorial cuestiónase agora a incidencia social do Plan de Acuicultura, cuia filosofía parece se-la de "¿Pra qué querémo-lo mar?. Acabemos con el e coas vilas mariñeiras e fagamos grandes granxas de rodaballos, polbos, etc." En fin, o home, perdido o norte, non sabe cómo recompoñe-la paisaxe, reconstruí-las unidades de poboación que, de certo que sí, eran antes máis felices do que agora co novo urbanismo. ¡E non se falaba de calidade de vida!
-
O que queira dispoñer dunha información cabal en relación co disparatado plan pódeo facer por medio do blog de Salvemos Pontevedra, cuio enlace está relacionado, antre outros, á dereita deste espacio.

-
Unha vez que teñades aberto o enlace de El Correo, fixádevos que existe, á dereita da páxina, un subenlace que fai alusión a que nove parques invadirían espacio protexido. Insisto, buscade información no blog de Salvemos Ponteveda, "meinteresalavida".

No hay comentarios: