sábado, 18 de octubre de 2008

GARZÓN E AS FOSAS

Chiste de Borja Montoro, en La Razón do 20.10.2008, sobre memoria histórica. Baltasar Garzón, con pucha. Fotografía do blog de Santiago González.

Pontevedra, 20.10.2008


Entrada n. 657 do blog


Artículo semanal, en varios medios.

Garzón e as fosas [20.10.2008],
por Xesús López Fernández

A decisión de Garzón de exhuma-los restos que poida haber en 19 fosas comúns de presuntas víctimas do franquismo é algo que cada día que pasa trae novos comentarios, novos anatemas, acusando ó franquismo de xenocida ou equiparándoo ó réxime da Alemania nazi. Se por identificar restos a petición dos familiares se trata, a decisión parecería xustificada; pero se quedan fóra da investigación as fosas dos homes, mulleres e nenos asesinados pola República, estiman a maioría dos cidadáns que Garzón non leva razón e que a súa tarea d´agora podería ter que ver co falseamento da historia, como intentan os herdeiros dos promotores da guerra civil, algo que non se entende despois da transición á democracia que o país fixo con elegancia; que non entenden tampouco algús parentes do maxistrado, residentes na terra de Torres, a terra de Garzón, en Jaén.

Así, Celedonio Real, tío carnal do xuez, en declaraciós publicadas o 21.09.2008, nun suplemento do ABC, chegou decir que pra el todo estaba claro, e manifestou: “Que nadie cuente conmigo ni con mi voto para remover fosas o rebuscar calaveras, huesos o anillos”. O home afirmou tamén non ter esquecido a guerra civil, dende a altura dos seus 85 anos: “No son cosas para olvidar, yo no las olvido. Nuestro padre se libró por los pelos de que le mataran, ¿Quiénes?, Los rojos, ¿A qué se dedicaba?, A la tierra, era un hombre de campo, ¿Entonces por qué?, Tenía sus ides religiosas”. É decir, según o relato, que o avó materno de Garzón foi víctima da represión republicáa en Torres. Ah, tanto ese tío como outro chamado Luís impedíronlle ó reporteiro facerlle fotografías. “Nuestro sobrino nos lo tiene prohibido”.


Citemos tamén algo dito por un estudioso da guerra civil en Jaén, Luís Miguel Sánchez Tostada, no sentido de que case toda a provincia permaneceu ó longo da guerra baixo mando republicán: “En toda la zona estaba muy enraizada la UGT y cuando se produjo el levantamiento militar brotaron en muchos pueblos ofensivas indiscriminadas contra derechistas. Cuando acabó la guerra cambiaron las tornas y hubo un afán de venganza, con fusilamientos masivos como en la capital, […]”. Os tíos maternos de Garzón certifican que houbo “vendetta” con sangue: “Los que ganaron aplicaron el “tres por dos”. Pero a fin de cuentas, ¿quién había empezado?”. Por eso non lles gosta que ninguén tire dos fíos do pasado. Nas fosas pode haber moito inocente, mais tamén moitos culpables de crimes escalofriantes, sicarios abandonados polos xefes roxos fuxidos do país, con inmensos tesouros roubados á nación e nos que Gregorio Marañón distinguía os rasgos da canallería e a doudice.

A Fiscalía entende improcedente a actuación do xuez; que a súa investigación carece de contido, porque os posibles delitos prescribiron coa Lei de Amnistía do 1977, así como que as posibles exhumaciós están previstas na Lei de Memoria Histórica, o que fai innecesario o proceso penal que incoa Garzón; tamén que os feitos non se poden definir como crimes da Humanidade, xa que este delito non existía antes do xuicio de Nüremberg, 1945, contra os dirixentes nazis. Di tamén a Fiscalía que a causa xeral promovida non está permitida por lei. Dende o sentido común Esperanza Aguirre define o auto como un esperpento; José Bono afirma que “no hay que invocar aquellos hechos para removerlos de un modo en que el odio haga acto de presencia”. Pero xa que Garzón quere ve-la partida de defunción de Franco e duns cantos xenerales pode aproveita-la idea brindada por Carlos Herrera, de Onda Cero, un destos pasados días. Según el, o xuez podería persoarse en Cuelgamuros e ordea-la exhumación dos restos do Caudillo e, conforme á tradición papal, darlle no cráneo cun mazo, tres veces. Se non contesta é que está morto. De tódo-los xeitos, Garzón pode, de certo, construir unha peza xurídica, mais a guerra civil está analizada en moitos libros. Hai que recurrir ós mellores, nos que se fala de fosas, martirios e chekas.




No hay comentarios: