domingo, 5 de octubre de 2008

SOBRE OS PLANS DE ACUICULTURA [6.10.2008]


Realización abstracta, informática, do autor. Os voluntarios loitan contra o chapapote do Prestige, mentres que os políticos, como se denuncia no traballo, son incapaces de loitar contra a ameaza das granxas de peixes plans. Moito falar, pero nada máis. O Bloque tragou en Rinlo ou en Corrubedo, en Laxas Bravas, embuchando o seu discurso anterior. Pataqueiradas..
Pontevedra, 6.10.2008


Entrada n. 619 do blog

Traballo semanal.

Sobre os plans de acuicultura [6.10.2008],


por Xesús López Fernández


O Plan de Acuicultura de Fraga-López Veiga foi no seu día cuestionado por diversos colectivos ecoloxistas. Pero só Salvemos Pontevedra foi quen de presenta-la oportuna demanda ante o TSXG. A este respecto sería esclarecedor prós posibles lectores deste artículo o dito na carta que o presidente da citada asociación dirixeu ó presidente Touriño á par que ó vicepresidente Quintana con data 26.08.2005, que está pendurada no blog da asociación, (meinteresalavida) A carta ten moitos perfiles: críticas ó xeito de lexislare pra, en definitiva, posibilitaren o expolio do noso litoral, a agresión a enclaves míticos, a espacios emblemáticos como a nosa Costa da Morte, recuperada do chapapate do Prestige, como o caso do Cabo Vilán, lugar de interese comunitario incluído na Rede Natura 2000, “onde foi excavada a ribeira do mar pra soterrare i elevar sobre a rasante do terreo varias prantas de formigón armado, devastando”, fracturando o lugar.


Na carta denúncianse outras agresiós, por eso animo ós que manexen internet a que procuren a súa lectura. Touriño sí contestou cunha resposta breve, un simple acuse de recibo que tamén consta no citado blog; de Quintana nunca se soubo. Pero un comentario á misiva dí o seguinte: “Leín o contido da carta [….], que me tira a venda dos ollos con respecto á “verdadeira política dos feitos reales cotiáns”, deixando pra máis adiante unha acougada lectura […..] atrévome a califica-la resposta do señor Touriño como “moi, pero moi administrativa e de pase de bola ó vicepresidente”. [….] ¿O señor Touriño non ten nada que contestar no que a el concerne como presidente da Xunta? A miña noraboa a esta asociación ecoloxista que nos aclara as cousas […] e matiza tóda-las leis ó respecto. A miña noraboa ó Blog de Paco Díaz, ó que teño o gusto de conocer e compartir con el cousas e do que aprendo moito nesta pasión que ten polo Medio Ambiente e á que se adica con verdadeiro esforzo e fervor”.


¡Qué raro que a Xunta teña deixado pasar tantísimo tempo pra dispoñe-la anulación do plan de López Veiga, sen teren derogado o decreto de supramunicipalización pra, suponse que cunha filosofía semellante, aproba-lo plan acuícola de Carmen Gallego, do que anunciaron mil e un parabéns en canto ós estudios levados a cabo, pero que pouco se diferencia do plan anterior de López Veiga, un home que actuou como unha especie de presunto abandeirado do Clúster Internacional da Acuicultura. O plan de Gallego só afectaría ó 1,80 por cen da Rede Natura. E parece como si nos diversos grupos políticos non existise unha verdadeira visión ecoloxista do desastre programado. Así, Feijóo promete [será si el chega mandar] que a Costa da Morte vai ser un líder acuícola.


PSOE e BNG tampouco estiveron pola transparencia e, contra a seguridade xurídica que, según Carmen Gallego, presentaba o novo plan, pareceu producirse un ramalazo de sentido común en Política Territorial, que cuestiona o beneficio social que se poida derivar do mesmo, no que hai moitas cousas non xustificables e que invadiría nove espacios protexidos. Adega analizou o novo plan e denuncia unha serie de irregularidades, ademáis do desaforo de estaren uns tres millós de metros cadrados reservados, en lugares virxes da costa galega, prá instalación de piscifactorías. Está prevista a construcción de 13 prantas e a ampliación de 9 das existentes. Adega usa informes da Xunta pra levare a súa denuncia ante o TSXG, tendo previsto chegar, incluso, a Europa. Unha posible clave da esperada actuación xudicial pode estar na desestimación que o Xuzgado de Primeira Instancia de Santiago ven de dictar en relación coa pranta que Acuinor estaba a construir en Foxo Longo, Rinlo, Rede Natura. Lembrémo-la sanción da UE pola contaminación da ría de Vigo. “Salvemos Pontevedra” tamén prepara a súa denuncia, como a do anterior plan, [antes de a Xunta proceder á súa paralización]. Lembren, a asociación informa, puntualmente, no blog “meinteresalavida”.

No hay comentarios: