Miguel Lago, que estrea cargo, quere lle quiten os contenedores do lado do seu negocio, da San Xulián. Parece satisfeito na foto do Diario de Pontevedra.
Unha mostra, soave, da acometida da hostelería nunha das ruelas da zona vella. [Pra unha mellor constancia, vede a entrada 578, " Consecuencias do Modelo de Cidade", do mes de agosto pasado]
Pontevedra, 9.10.2008
Entrada n. 624 do blog
A RECOLLIDA DA VASURA NA ZONA VELLA,
por Xesús López Fernández
A recollida da vasura ven sendo un auténtico fracaso, con perfiles dramáticos en moitos dos casos. ¿Qué se pode propoñer como solución? Difícil.
Cando a cidade vella é unha especie de gran taberna, por horas; locales moitas veces cativos, sen capacidade pra rete-las vasuras no seu interior nun contenedor propio ata a hora da recollida real, ós nosos gobernantes non se lles ocurreu outra solución que a de leva-los depósitos prá recollida indiscriminada a espacios discretos, ós calexós nos que sí poden resistir algús residentes que teñen que atrapa-las consecuencias dos depósitos de vasura das tabernas: alcatreo, moscas, vertido masivo de cascos de botellas, a nova alborada dunha zona agredida, arrasada.
Así, na praza de Curros Enríquez ou na das Galiñas, non se ve un contenedor, como tampouco nas dúas prazas roxas, as da Leña e a Verdura e tamén noutros espacios, nos que os contenedores quedan lonxe das terrazas xeneradoras de suciedade.
¿É ésa a economía de servicios, a nova economía do Bloque, que non soubo pensar en contenedores soterrados á hora de dispoñe-la súa "reforma" urbáa, que onte terán explicado en Lisboa?
Nalgunha rúa ou ruela, se así a queredes chamar, entra o camión da vasura ciando como un barco cando os veciños tentan dormir. Ruído que renova o das terrazas e os skaters, agresión que parece programada pra un maior abandono e degradación da zona.
A ver qué se lles ocurre ós señores da asociación de comerciantes ou do chamado, qué risa, "Centro Comercial Aberto", que actuaron de mamporreiros do Bloque na maldición da zona, na imprantación, reitero, da "nova economía de servicios".
Desta volta, a asociación comercial ten novo presidente, Miguel Lago, que propón a supresión dos contenedores, o retorno ás bulsas. E así falouno con Teresa Casal. Dí que pra mellora-lo aspecto da zona. Talvez coa acumulación de bulsas, reventadas polos que fozan decote nos contenedores á procura dun certo condumio, tamén pra que os cans mordisqueen nos sitios, ou marquen o seu terreo. Vese que, de verdade, a Miguel Lago lle doe un callo. E quere salva-lo seu negocio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario