martes, 21 de octubre de 2008

GARZÓN, DESCALIFICADO POLA FISCALÍA

Del blog "Por Andalucía libre", caricatura de Baltasar Garzón.

Pontevedra, 21.10.2008

Entrada n. 665 do blog

GARZÓN, DESCALIFICADO POLA FISCALÍA,
por Xesús López Fernández

Como introducción a este comentario poden os interesados buscar, neste mesmo blog, diversas entradas destos pasados días, con varios enlaces.

Mentres Garzón insiste en seguir adiante co seu proceso ó franquismo e mantén a súa orde de levantaren as fosas, a Fiscalía da Audiencia Nacional recurre ante a Sala do Penal a decisión do maxistrado de se declarar competente. Censúrao duramente por se ter erixido en inquisidor xeral. É máis, tacha de disparate cuestiona-la lei de Amnistía.

Clicade nos seguintes enlaces: o primeiro de [La Razón do 21.10.2008], longo, no que se recolle ademáis a definición da Fiscalía en relación co xuez de "mala fe procesal" e de ter recurrido a un "singular andamiaje jurídico" pra asumi-las súas competencias; o segundo, unha crónica de [Pío Moa en Libertad Digital do 21.10.2008], titulado "Por qué admiran a los chekistas", que pergunta cómo se dá ese tipo de admiración por parte de persoas de espírito burgués.

Son dous artículos pra leere con atención. Con moita atención. .

No hay comentarios: