Pontevedra, 21.10.2008
Entrada n. 663 do blog
Tiña algo abandonada a tarea de recuperar traballos dos pasados anos. Hoxe traio ó blog un artículo de maio do 2003, sobre a irracionalidade dos recheos que a día d´hoxe siguen. Moito falar de medio ambiente, sí, pero seguimos a agardare por unha política ambientalista. Pra mín, que os políticos dos que actualmente dispomos non dan a talla moral que require o xigantesco esforzo restaurador do que están precisadas tanto a ría de Vigo como a de Pontevedra, citadas no traballo. O artículo non precisa de máis comentarios.
A cousa viña de anos, reprobada polos partidos políticos e polo Concello vigués, especialmente polo seu alcalde que tiña solicitado o estudio de impacto ambiental e a detención dos recheos do Areal nos que a autoridade portuaria insistía ata o 4 dos correntes. Aínda gardo na memoria os primeiros recheos da zona, que privaron a Vigo de ter alí situada unha praia como a da Concha de San Sebastián. Pero é que o presidente da Autoridade Portuaria insistía en seguir ocupando máis e máis mar, porque un porto “ten que poder crecer ilimitadamente” --dixo en certa ocasión--, como se os recheos puidesen chegar a Estoril ou ás Azores.
A cousa parecía ralentizada cando súpetamente, no medio da campaña, ó mellor pensando en apoiar ó seu partido, o home anunciou de novo a reactivación de tan irracional proiecto, cousa que esta vez caeu mal no PP e López Veiga calificou de inoportuno, totalmente sorprendido. Anunciou que falaría con Pedrosa, que o debate carecía de sentido nestos momentos. Julio Pedrosa estaba a dinamita-la propia candidatura de Corina Porro. A Xunta decatouse da gravedade do problema e ordeou a retirada da documentación presentada pola Autoridade Portuaria ante o Ministerio de Medio Ambiente, da que xa non valen as súas medias verdades. A candidata do PP á alcaldía viguesa, categórica, afirmou que non se retrasa o proiecto do recheo, senón que se desbota. Dito así, con toda claridade.
Que en Vigo lle teñan posto cancelas á irracionalidade dos recheos; que lle teñan dado incluso un argumento de forza á candidata do PP, non quer decir que as cousas vaian ir mellor en Pontevedra-Marín, onde a actuación contra natura continúa e anuncian a autorización doutra instalación, a construcción dun almacén pra chapa. É decir, continúa a monstruosidade de seguir xerando chan industrial a costa do mar, dunha ría pequena, espacio sensible, sen que os grupos, aquí, se teñan definido porque Pontevedra, o que é Pontevedra, hai xa tempo que perdeu o mar e non temos un Lois Pérez Castrillo que cuestione o que se está a facer, o impacto ambiental dos recheos. Aquí todo é pasotismo puro e duro, sede de políticos con trágalas. Interesa máis estar no sitio, chegar a ser vocal da Autoridade Portuaria, que intervir no proceso da salvación da ría, de findar coa irracionalidade.
E parece que a Xunta tampouco se decata. Moito falar da recuperación do litoral. Medio Ambiente a decir que non se precisan os estudios de impacto ambiental, amén. E só o grupo minoritario da Iniciativa Cidadán dos Praceres denuncia as agresiós que alí se levan a cabo. Diría incluso que nengún dos partidos consolidados está polo labor ambientalista; que dende a Xunta non lle están a brindaren a T. Pedrosa o aval que xa ten Corina Porro. É máis, na capital, por ter chan industrial ainda que sexa a costa do mar e, pró caso no que a Xusticia poña fin ó atentado ecolóxico en curso, pensan –a Autoridade Portuaria— no val do Tomeza como porto seco, máis ben depósito de contenedores, que o Bloque non cuestiona nen tampouco os da Antiempacadora, pero sí a candidatura independente por Vilaboa. É decir, que a razón parece estar nos partidos menores. Cos outros, a irracionalidade.

A fin da irracionalidade portuaria [6.05.2003],
Por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario