Vista parcial dun dos atascos [o do Hospital] que se producen como consecuencia dos cambios circulatorios, estreitamento de rúas, unidireccionalismo de corredoira, prohibición de paso e outros atrancos inventados polos "iluminados" encargados do goberno local.
Pontevedra, 15.10.2008
Entrada n. 651 do blog
GALICIA: AS CIDADES PERDEN HABITANTES,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
O lector pode atopar neste blog máis dunha referencia ós problemas que as políticas urbanísticas están a crearen ós residentes nas cidades históricas.
Hoxe publica La Voz de Galicia dúas novas en relación coa perda de habitantes que, dende o 1990, e nas cidades fortes do antiguo Reino de Galicia escollen novos destinos como morada.
Pero mellor que insistir no que aquí está dito en non poucas entradas do blog sobre a desestructuración que se está a producire nas nosas cidades, o lector, clicando nos enlaces indicados vai acceder ó que dí La Voz Galicia desta data en relación con:
1.- As cidades galegas perderon [385000 habitantes dende o 1990.]
2.- En Pontevedra volven toca-lo tema da circulación, seguramente que a [van complicar doutra volta], converti-la urbe en máis laberinto de Lou-lo-Chu, como xa a temos denominado, razón pola que moitas xentes marchan da cidade vella, ou se deslocalizan cara outras vilas, fuxindo do goberno local e da súa política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario