viernes, 10 de octubre de 2008

MANIFESTACIÓN VECIÑAL CONTRA A DEPURADORA DO LAGARES


Pontevedra, 10.10.2008

Entrada n. 628 do blog

Aviso de manifestación, mañán en Coruxo, Vigo, en protesta pola macrodepuradora proiectada no Lagares.

A manifestación é xusta. Acodide os que poidades. Tede en conta, ademáis, que existe un procedemento xudicial, unha denuncia de Salvemos Pontevedra contra a edar do Lagares, que tamén Cristina Narbona reconoceu, no seu día, que estaba ilegalmente ubicada.

Sigue o anuncio que fai a plataforma "A RÍA NON SE VENDE". ¿Seguro que non-a venden os que a queren reconvertir nunha especie de gran porto seco?



MANIFESTACIÓN VECIÑAL

CONTRA A MACRODEPURADORA EN CORUXO


SÁBADO DÍA 11 DE OUTUBRO

ÁS 5 DA TARDE

DENDE A ROTONDA DA XURELA (carreteira vella de Baiona)

ATA A PORTA DA DEPURADORA


A macrodepuradora do Lagares custou máis de 30 millóns de euros hai tan só dez anos. 30 millóns de euros públicos que só serviron pra estraga-la xunqueira do Lagares, pra destrozar as vidas de moitas veciñas e veciños de Coruxo, sometidos a penosas condicións de habitabilidade no seu barrio e nos seus fogares, e pra perpetuar e elevar a niveles insoportables a contaminación da ría.


A "solución" que nos queren vender é a de volver face-lo mesmo, tropezar na mesma pedra sen abordar os verdadeiros problemas que impiden e impedirán o axeitado saneamento.


Queren construír unha nova, máis grande, máis cara e única pra toda a cidade, en vez dunha rede de depuradoras menores, que poidan interactuar en caso de avería dunha delas.


Non abordan os problemas fundamentales. O da separación de augas residuales e pluviales que, cando chove, superan o caudal máximo (por grande que sexa) asumible pola instalación, polo que se verten directamente ó río millóns de metros cúbicos sen depuración ningunha.


Non solucionan o problema da contaminación industrial ó non obrigar ás empresas a instalar pequenas depuradoras específicas pra trata-los residuos que cada unha na súa actividade produce.


Non prevén a reutilización da auga depurada que, ademais dun importante aforro, é garantía de que a depuración é correcta. Lonxe deso pretenden utiliza-lo mesmo emisario submariño da actual pra verte-las augas no medio da ría, enmascarando así a contaminación que, xa tamén eles parecen estar seguros, vai seguir producíndose.


Significa polo tanto perpetua-la contaminación da ría e un novo malgasto do diñeiro público nunha instalación que ademais, nun futuro non moi distante, estará ameazada pola subida do nivel do mar.


REXEITEMOS O PROXECTO DA MACRODEPURADORA HOXE!

MAÑÁ PODE SER TARDE!


MANIFESTACIÓN VECIÑAL CONTRA A MACRODEPURADORA EN CORUXO


SÁBADO DÍA 11 DE OUTUBRO

ÁS 5 DA TARDE

DENDE A ROTONDA DA XURELA (carreteira vella de Baiona)

ATA A PORTA DA DEPURADORA


COMISIÓN VECIÑAL DE AFECTADOS

POLA MACRODEPURADORA DO LAGARES


A RÍA NON SE VENDE



No hay comentarios: