Zapatero e o presidente ruso, Dimitri Medvedev, encontráronse onte en San Petersburgo. Parece que Zapatero sigue coa súa cruzada anti-McCAIN e manifesta temer que, se gaña este home, a guerra fría poida volver. Moscú, sen embargo, non ve ameaza algunha. [La Razón, portada do 2.10.2008]
Pontevedra, 2.10.2008
Entrada n. 612 do blog
¿CONVERXENCIA DE CIVILIZACIÓS?,
por Xesús López Fernández
Inclúo dúas noticias. A primeira de La Razón corresponde á da portada coa que se inicia esta entrada. Dá unha certa sensación, un certo pánico, ver cómo o noso presidente parece non ter outra arela, nestos intres, que a de arroupar a Obama, como se tivese con el o deber moral de actuar como carrileiro. ¿Por qué? Sigue a noticia de La Razón:
A seguinte noticia, de Minuto Digital, do 8.09.2008, incide na cuestión de que Obama poida ser un criptomusulmán, porque nun discurso de campaña chegou afirmar: "A miña fe musulmáa"... Certo que rectificou, pero non se pode ir coa lección tan pouco sabida. O suconscente de Obama traicionouno e, quén sabe, ó mellor levan razón os que no seu día mostraron as súas fotografías de adolescente musulmán, en Kenya e Indonesia. ¿Van se-los americáns tan imbéciles i esquece-lo atentado do 11S, o das Torres Xemelas?Alguén está levando mal a campaña de McCAIN, porque aí poderían ter un filón el e Sarah Palin.
A simpatía de Zapatero cara Obama non sei se terá algo que ver coas facilidades que o noso Goberno está a dar tamén ós musulmáns que aquí se van asentando, ou á Converxencia de Civilizaciós que tamén predica o presidente, que nada ten que ver co laicismo positivo de Sarkozy. (Sen máis comentarios).
No hay comentarios:
Publicar un comentario