Pontevedra, 9.10.2008
Entrada n. 625 do blog
Quérese promover unha iniciativa pra que as xentes que andemos na Rede fagámo-lo posible por salva-la vida de Quinín.
Aínda qu´o pareza non é nome de nengún home, senón qu´o alcume perténcelle a un porco simpático, animal de compaña do seu amo, por terras de Dumbría, que sei que ía pra can. Eso dín.
Pero parece que lle van quedando menos días conforme vai entrando en carnes. 200 kilos pesa xa cando o SanMartiño está á volta de poucas semáas. Non é un porco celta, como os que mostrabamos hai uns días. Parece, diría, un Large White, unha xínea que nalgún tempo foi estudiada na Misión Biolóxica de Galicia. Coido han seguir con algunha línea de investigación.
Inserimos un enlace de La Voz, que explica máis polo miúdo as características do porco mascota. Na noticia recóllense as opiniós de internautas, o seu inquérito de posibles alternancias, mesmo compralo en común, alternalo semanalmente polas casas de posibles compradores. Ou fixarlle destino nunha granxa-escola. Se ten tanto entendemento como din, case poderiamos pensar nunha galescola: Quinín, Quinín.
[La Voz de Galicia, nova do 9.10.2008: SALVEMOS A QUINÍN]
Entrada n. 625 do blog
SALVEMOS A QUINÍN, por Xesús López

No hay comentarios:
Publicar un comentario