martes, 14 de octubre de 2008

LORES SAE ESCOLTADO DO CONCELLO

Imaxe de Lores, protexido pola Policía local. Foto da noticia de La Voz.

Pontevedra, 14.10.2008

Entrada n. 648 do blog

LORES SAE ESCOLTADO DO CONCELLO,
por Xesús López Fernández


¡E decía G. Vázquez que non había problema cos bombeiros, que non estaban de folga!. Mais resulta que sí, que algo estaba a pasar e un grupo crítico de funcionarios contraincendios persentáronse onte no Concello, pra faceren unha demostración de forza, porque non abonda coa paciencia ata o d´agora demostrada.

Son dous paros nunha semáa. Os bombeiros persentáronse no Consistorio pra entregaren un escrito reivindicatorio. Reclaman unha maior dotación, outro material, vehículos adaptados prá intervención nos casos de lume forestal ou no casco vello, absolutamente desamparado.

Que estos chacaritas vaian polo mundo adiante [léase Lisboa], a promocionaren o seu modelo de cidade, a súa famosa "accesibilidade"; que incluso algunha portuguesa lles creése e falara de Pontevedra como un referente é algo que non podemos consentir.

Na protesta dos bombeiros teñen os portugueses unha proba de que non todo está ben regulado na cidade vella e que, ademáis, se de algo carece Pontevedra é de accesibilidade. ¿Por qué, senón, morren tantos e tantos negocios? Porque na zona vella, i hora é de que algunha asociación comercial que non oficie de soplapollas do equipo de goberno se poña a facer inventario dos locales que arestora están cerrados, e denuncie que esa situación é consecuencia do "modelo de cidade" carcelario imprantado polo BNG, coas xentes do PSOE facendo de convidados de pedra.

Aínda que os bombeiros non foron recibidos polo alcalde, sí entraron no Concello e ata a primeira pranta, que que foron freados pola Policía local. Os pitidos e asubíos dos funcionarios contraincendios aínda deben resoar nos oídos do alcalde.

A noticia de [La Voz de Galicia do 14.10.2008] amplía o comentario da presentación.

No hay comentarios: