jueves, 16 de octubre de 2008

A VOZ DE SOLBES

Cando parece que, pola situación de miseria inducida polo desgoberno do país, imos cara á recreación do Auxilio Social, é moi oportuno o chiste de Borja Montoro, sobre o invento dunha cartiña de racionamento electrónica, unha das ventaxas, dí o autor, do Socialismo do século XXI. Chiste publicado en La Razón.
Chiste de Caín en La Razón d´hoxe. Ten razón o humorista cando propón por medio do magnate persoalizado no seu dibuxo a subdivisión da Bolsa, en adiante, en: "Bolsa del Pánico y Bolsa de la Euforia".

Ponteveda, 15.10.2008
Entrada n. 652 do blog

A VOZ DE SOLBES,por Xesús López Fernández

A verdade, a voz de Solbes leva tempo esgallada e non parece corresponder á dun bo augur; pola contra, incluso dende o propio Partido Socialista diríase qu´o van aparcando, qu´o ven un tanto como oposición ó seu márketing de "venta de fume".Como botafumeiro, Solbes non conta.

Se nos debates das pasadas elecciós xerales Rajoy chegou apuntar que Solbes xa non parecía capaz e qu´o miraba como un tanto pasado, hoxe publica Iñaki Ezquerra en La Razón un traballo maxistral, así titulado, "La Voz de Solbes", de lectura recomendada. Diría máis, de lectura obrigada.

Despois do trebón, do gran susto en Bancos e Bolsas, cando Zapatero, que non é economista, ofrece recetas incluso ós que non creen nel, non debemos esquece-las prédicas do ministro Solbes, causantes de máis dun susto e de máis dunha retirada masiva de aforros familiares. O traballo de Iñaki Ezkerra pon as cousas no seu sitio, [en La Razón.]

No hay comentarios: