Mingote, no ABC do 22.10.2008, representa a unha Xusticia, a un Sol de Xusticia, a reprendere a Garzón.
A instantánea de martínmorales no ABC do 22.10.2008 mostra a imaxe patética dun Zapatero que quer pilota-la salvagarda dos cartos, mentres un Rajoy sen grandes ideas se esforza en colaborar, talvez inútilmente.
Esteban, en La Razón do 22.10.2008, fai esta instantánea sobre a identidade dos restos. O que leva o traballo de campo informa a un presunto maxistrado das porcentaxes de roxos e fachas e un 21.50% que non sabe ou non contesta.
Caín, sempre certeiro: Fosa común, en La Razón do 22.10.2008. Hai outras sensibilidades, outras Españas que non as que poidan permaneceren no cainismo que nos levou á guerra civil. Caín coméntao de forma cáustica.
Montoro, en La Razón, 22.10.2008, retrata así a refrotación da Banca, mentres se seca aínda máis á clase traballadora.
Pontevedra, 22.10.2008
Entrada n666 do blog
A OPINIÓN, EN VIÑETAS,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Moitas veces dise máis de forma plástica, por medio dunha caricatura, que non por medio de longos i elaborados artículos, ás veces de difícil lectura. Permitinme, pois, traer aquí hoxe os chistes que figuran na parte alta da entrada.
O artículo de Tomás Cuesta, "Juntacadáveres", no ABC d´hoxe, ten particular aplicación ó primeiro dos chistes inseridos, o da [Xusticia que reprende a Garzón], precisamente cando os xueces e secretarios defróntanse ó Goberno, según La Vanguardia, mentres en El País fan o mesmo comentario, pero do revés: é o Goberno o que lle fai frente á Xusticia. I en non poucos foros pídese a dimisión de Bermejo, por sectario.
Desconozo as consecuencias desta especie de galerna xudicial, que só nos podería levar a bo porto se dunha puñetera vez quedase o Consello Xeral do Poder Xudicial á marxe das influencias políticas. O poder xudicial debe ser independente, porque ós políticos hainos que xusgar, se preciso é. Hai que resucitar a Montesquieu, en contra do dito hai xa anos por Alfonso Guerra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario