As árbores da alameda pontevedresa están a morreren dende hai anos. Foto de La Voz de Galicia, 19.10.2008.
Pontevedra, 20.10.2008
Entrada n. 658 do blog
[ALAMEDA ENFERMA, EN PONTEVEDRA],
por Xesús López Fernández
Pontevedra, 20.10.2008
Entrada n. 658 do blog
[ALAMEDA ENFERMA, EN PONTEVEDRA],
por Xesús López Fernández
O propio título contén un enlace da noticia que La Voz de Galicia daba o 19.10.2008.
As árbores da alameda enferman de estrés e, vagariño, van esmorecendo. Acaban de cortaren un álamo prantado en mal sitio, que ameazaba ó Cafetín. Unha das poucas árbores que xustificaban o nome do espacio, no que debe quedar, se acaso, outro álamo branco.
O que parece unha noticia curiosa non-o é. O mal ven de hai anos, de cando a certa corporación non se lle ocurreu mellor cousa, pra "amellora-lo chan" da antigua "carballeira dos frades" que estrar sobre o seu piso unha partida de sal contaminado, non apto pró consumo.
Curiosamente, tampouco era bo prás árbores, que d´aquela comezarían a morreren e aínda que tentaron neutraliza-la desfeita, os traballos realizados non serviron de gran remedio. Sí pareceu, en certo momento, que o mal estaba neutralizado, pero as ameazas permanecen no ambiente, como poden se-los ventos de travesía que traen os gases de Ence, ou d´algún posible escape de Elnosa, unha das presuntas causas do estrés que din os políticos e que afectan tamén ás árbores d´As Palmeiras.
As árbores poden vivir unha situación de susto cotián pola agresión ambiental; pero outros dos agresores poden se-los propios políticos coa súa decisión de levaren de novo as festas da Peregrina a aquel espacio, co seu ronsel de lume, fume e vertidos, ou tamén, en tempo anterior, co soterramento da leitada de cemento das formigoneiras, de cando plaquetaron de novo a Gran Vía, algo que tiven ocasión de denunciar. Dous carballos agredidos no seu contorno ó deita-la dita leitada nunha fochanca feita ó pe dos mesmos, secarían ó pouco tempo, contra a afirmación da concellala de Medio Ambiente, Carmen da Silva, de que non ía pasar nada. Lembro agora que este asunto quedou tratado nun dos meus artículos semanales.
E así se ve, naturalmente, como sofren especialmente os tilos e os carballos. E outras agresiós como as "escorrentías" que se permiten ós usuarios do espacio como recinto feiral: vertidos de aceite, mexadas, tendidos eléctricos apoiados nas árbores, etc. Aínda debe durarlles o susto das últimas festas, concebidas pra reventaren a alameda, ou eso parece. ¿Estarán a pensaren no deseño de novos solares e parkings? Porque desta tropa podemos pensalo todo. ¿Non se lembran de cando Lores dixo que a Alameda era a súa asignatura pendente, sensibilizado como estaba coas prantas? Pois, ó parecer, siguen a suspenderen no tratamento dos espacios arborados ou doutados, simplemente, de prantas de época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario