A foto mostra o espacio onde Pontevedra podería ter unha verdadeira praia, ou praia-piscina, como se dí na entrada. Foto da arrancada do século XX, xa reiterada no blog.
Pontevedra, 9.10.2008
Entrada n. 626 do blog.
Fracasada a política de saneamento da ría e da cidade, aínda onte estiveron en Lisboa Mosquera e Lores a venderen o modelo de cidade aquí aplicado, según foi comentario xeneralizado na prensa. ¿Levarían información dos mosquerós?
Xa foi comentado nunha entrada anterior o da sinalada viaxe porque sabemos que eso non é outra cousa que unha gran trola, porque están a desgastaren a cidade, a convertila nun espacio de imposible convivencia. ¿Accesibilidade pra quén?
Faltou transparencia, faltaron ideas pra mellora-las condiciós de residencia dos veciños, como tamén pra sanea-lo comercio que vivía do rural. Faltoulles o valor de convocare un concurso de ideas pra posibilitaren a creación de prazas de garaxe no recinto histórico, porque non quixeron pensar que o coche é, realmente, o mellor amigo do home, e que cada praza que creasen significaría a permanencia dunha familia na cidade vella que, pouco a pouco, vaise agotando, despoboando, decote morrendo a consecuencia das actuaciós dun goberno xangal --tonto--, da doudice --estupidez-- dos que nos veñen gobernando.
Como colmo desa estupidez, desa vaga de estulticia na que permanecen solagados, despois do baño senlleiro de Lores quedoulles o remorso de que había que facer algo máis, e puxéronse a inventar. ¿Qué? !Unha praia fluvial que nos atrevemos a xusgar como absolutamente inviable, flor dun día si se quer prá inauguración cando inauguren --se inauguran--, comecartos pra, en cousa de dous ou tres anos convencérense de que é un traballo totalmente inútil!.
¡Pero se a praia, as praias, pódenas rexenerar nos espacios que se vaian recuperando no dominio público marítimo terrestre e non por que estean a loitaren dende o Concello no terreo xudicial, outro síntoma de presunta corrupción!.
Se incluso poderían facer unha especie de praia-piscina na Moureira, onde existe un gran solar, espacio gañado ó mar a comezos do século XX, do que se inclúe foto nesta entrada. O que sí, claro, terán que reprantexaren de novo todo o tema da depuración, estudialo con sentidiño e transparencia, esquecerse da edar d´Os Praceres, etc. E deixar de pensar en Lourizán como solar, que todo se sabe.
Sigue unha noticia do Faro d´hoxe sobre o tema da praia. Trampós.
Entrada n. 626 do blog.
PRAIA FLUVIAL EN PONTEVEDRA, por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario