sábado, 11 de octubre de 2008

O PARLAMENTO, UNHA TASCA

O bipartito cambiou de auditora. Cultura non fixo outra cousa que opaca-la información. Por qué?. ¿Tan tentador é o pastel?

Pontevedra, 11.10.2008

Entrada n. 633 do blog

O PARLAMENTO, UNHA TASCA,
por Xesús López Fernández

As investigaciós en torno ó Gaiás, á Cidade da Cultura á que non se lle ve un claro destino e que a consellería de Cultura quer presentar como algo serio cando realmente está a atrica-las necesarias pescudas; no conseguinte debate parlamentario levaron a esta institución a parecer máis unha tasca que un marco serio prá transparencia da investigación. Os escándalos, siguen.c

A opinión pública, que no seu día criticou o intercambio antre o Gaiás, que doaba José Luís Méndez, de Caixagalicia, a Fraga, polo "solar" de Lourizán pra Tissú de Lourizán, telumbra que as presuntas corruptelas e sentinazos do alí actuado poidan ter cristalizado ou estaren en vías de cristalizare; que non cesaron, pero agora son outros os protagonistas.

O abano de noticias co que o lector se vai atopar a seguido do enlace incluído, han obrigar a máis de un a se tapa-lo nariz, mesmo sella-las nefras pra que non entre o malcheiro, como a cuestión do cambio de auditora.

En definitiva, o Gaiás, o debate necesario, convirteu ó Parlamento galego nunha gran tasca, según recolle a información, porque a Cultura non pode estar nunca confiada a persoas pouco serias. Lembrémo-la viaxe da conselleira a Cuba e os gastos conseguintes que permanecen aínda sen aclarar ó gran público, ós contribuíntes.

Sigue o enlace:



No hay comentarios: