Quintana pide apoio ós galeguistas, que se xunten en torno ó Bloque. ¡E un xamón!.
Pontevedra, 5.10.2008
Entrada n. 620 do blog
QUINTANA PIDE O APOIO DOS GALEGUISTAS,
por Xesús López Fernández
¿De verdade Quintana se cree galeguista ou que o Bloque pode sé-lo depositario do leigado histórico nacionalista?
Que o seu partido teña actualmente unha certa presencia parlamentaria non-o capacita pra impartire lecciós de galeguismo. E paréceme unha ousadía que, aínda co apoio dos nazionalitaristas á súa candidatura á presidencia de Galicia, clame polo apoio dos galeguistas pedíndonos que nos integremos ó redor do Bloque, que pra nós non pode ser, nunca, un referente, aínda que teñan captado a xente co paso cambiado.
Pode o Bloque certamente crecer aínda máis pola falta actual de ideario galeguista no PPdeG ou no PSOEdeG, pero é que tampouco o Bloque ten esa alma galeguista da que quer presumir. E dende o galeguismo de base vémolo como un grupo corrosivo, abalador incluso da identidade esencial deste pobo, da clave que o configurou como nacionalidade: o idioma transmitido na oralidade de cada bisbarra, de cada aldea ou parroquia.
Se por non falar xa non falan de Galicia. Galiza é a súa palabra i ésa é a idea-cerne destos iluminados: cambiarlle o nome ó país instalados nas normas da deriva cara ó Portugaliza da súa ensoñación. Parecen inxenuos cando aínda en clave da lusofonía son incapaces de comprender, de aprender que no Brasil se lle chama ó noso país polo seu nome: Galicia. Ou que o noso idioma, na raia seca ourensáa, é máis fronteira qu´o Miño.
Convertido o idioma, polas súas normas, nunha caricatura á que os galeguistas chamamos galegués, mellor será que Quintana non pida apoios ós que defendémo-lo universo cultural de Rosalía ou Curros, do P. Sarmiento ou Ánxel Fole, de Cunqueiro ou Cabanillas.
En non poucas vilas gobernadas polo Bloque xa se lles mirou o rabo ó reparar que teñen unha especie de fixación ó faceren as cousas: a reinterpretación a pequena escala do Gulag estalinista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario