lunes, 20 de octubre de 2008

NON Á NORMALIZACIÓN DO GALEGO

Información que dá na portada La Razón do 20.10.2008. Fotografía da manifestación de onte n´A Coruña, en defensa do castelao i en contra da Lei pola Normalización Lingüistica coa que están a aganare, a atrancare ós galegofalantes.

Pontevedra, 20.10.2008
Entrada n. 662 do blog


NON Á NORMALIZACIÓN,
por Xesús López Fernández

De sempre fun contrario á Lei pola Normalización do Galego, especialmente en relación coa política espúrea que está a segui-la innecesaria Mesa pola Normalización Lingüística, coa súa teima de comisarios políticos, de levaren o idioma recibido coa oralidade ata a total seca. As normas da deriva estalinista cara ó portugués, lingua afastada do galego dende hai tempo e de psicoloxía totalmente distinta, están a crearen unha enorme fenda, mesmo a morte final do idioma, por se ter producido na sociedade galega un noxo crecente cara ó galegués inventado polos actuales "deseñadores de almas".

Fundamentalmente é por éso que a nosa fala morre, convertida en canto que asignatura nos diversos plans de ensino na máis odiada de todas. Eso é así de claro. Pero como neste blog xa están ditas non poucas cousas ó respecto, cando se acaba de producir unha manifestación n´A Coruña en defensa da libertade a escolle-lo idioma da educación polos pais, á par que en contra da ditosa e mal parida Lei pola Normalización, moi en contra do Bilingüismo Harmónico que sí tería sentido, será mellor inserir aquí o enlace da noticia dada polo ABC d´hoxe. Clicade no enlace.

[ABC, noticia sobre a manifestación d´A Coruña, 20.10.2008]

No hay comentarios: