domingo, 12 de octubre de 2008

MANIFESTACIÓN CONTRA A EDAR DO LAGARES

Non á macrodepuradora, protestan os veciños de Coruxo. Foto da noticia de La Voz de Galicia.

Pontevedra, 12.10.2008
Entrada n. 645 do blog


MANIFESTACIÓN CONTRA A EDAR DO LAGARES,
por Xesús López Fernández


Máis de mil veciños de Coruxo manifestáronse contra a proiectada construcción da macrodepuradora do Lagares.

Os veciños piden o cumprimento da Lei, contra a que vai a decisión do concello vigués de construí-la nova depuradora na zona do Lagares e prá que está prevista a expropiación de 6 hectáreas, en contra dos 18000 metros cuadrados que en principio tiñan calculado. Veríanse afectadas, coa expropiación, varias casas, incluso un Instituto.

Tal como se van poñendo as cousas non parece que Vigo poida sortea-la sanción da UE polo crecente envenenamento da ría. Xa pode comeza-la Xunta a preparar novas disculpas.

Sigue o enlace da noticia de La Voz de Galicia, que informa da manifestación celebrada.

[LA VOZ DE GALICIA, noticia do 12.10.2008]
[FARO DE VIGO, 12.10.2008, mesma noticia]

No hay comentarios: