domingo, 19 de octubre de 2008

OPULENCIA E MISERIA EN GALICIA

A prevista refundación do capitalismo coa aportación de liquidez á Banca e o contubernio político pode te-lo efecto que Esteban, en La Razón, 20.10.2008, apunta: a chegada de máis cayucos. Por certo que a nosa xeografía, tinguida pola miseria, comeza a tomar unha certa color negra, con decote máis africáns presentes nas nosas rúas, que non se sabe en qué traballan, qué fan.
Caín, en La Razón, 20.10.2008. O Apocalipsis que chega. A ver si se pode pagar a prazos.
Audi 6, sensación de poder. O coche dos que mandan e non lles costa, que o pagamos os que estamos fóra do mandiño político.
Audi 6, alta gama. Coche de uso habitual polos políticos.

Pontevedra, 20.10.2008

Entrada n. 659 do blog

OPULENCIA E MISERIA EN GALCIA,
por Xesús López Fernández

Comentabame onte un amigo, dun certo e conocido persoaxe, que un bo día, como se recibira un chamado especial d´algún poder sobrehumán, como si se sentira un enviado especial pra montar homilias sobre a "memoria histórica", desalienar ás xentes comús, o home abandonou a súa profesión pra se enrolar na vaina política, onde actualmente imparte lecciós "urbi et orbi" á par que mellora a súa situación económica. En definitiva, decía o meu amigo, ¿qué terá a Política que este home aforrou, en catro anos, pra mercar un ático de 80 millós das antiguas pesetas? ¿Pero é que hai tanto pastel? Porque de pastel se trata, efectivamente.

E así vai o país. Total, que non se ve solución ou que o remedio non consiste en lle dar liquidez ós Bancos que practicaron, como di Botín, unha política desastrosa nos últimos anos; ou qu´as Caixas que, sen teren capital, encamiñaran as súas inversiós fóra do ámbito social pró que foron concebidas, presionadas e controladas pola tropa política. E mentres esa tropa non sofre a situación de miseria que, solermiñamente ,vai preñando á sociedade, a situación extrema de moitos homes e mulleres, neste país chamado Galicia é a de que 12000 fogares galegos pasan o mes con menos de 200 euros ó tempo que unhas cen mil persoas viven baixo o umbral da probeza. El Correo Gallego do 19.10.2008 informa, en Ttres noticias, do luxo e prepotencia que se dá no entorno da Xunta, con sobreabundancia de coches e outros luxos, mentres tantísima xente non sabe como seguir subsistindo. A oposición pide austeridade. Siguen os tres enlaces. Clicade neles.

[ABUNDANCIA CON FATUIDADE E FLATULENCIA]

[A MISERIA QUE AFOGA ÁS FAMILIAS, EN GALICIA]

No hay comentarios: