Trabancas portuguesas na praza da Verdura, con ocasión dunha exposición de productos do veciño país. A dita praza é un dos espacios que o equipo de goberno local usa como lanzadeira da "nova economía": o Rastro dos domingos, algunha que outra feira do mel ou do queixo. A exposición portuguesa da foto trouxo, tan siquer, algo de colorido.
Pontevedra, 8.10.2008Entrada n. 623 do blog
MODELO DE CIDADE PONTEVEDRÉS,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Case me dou a risa ó leé-la noticia de La Voz, da que se inclúe un enlace: Lores e Mosquera apresentando en Lisboa o modelo, o seu modelo, de cidade aquí aplicado.
É decir, cerraron a cidade ó progreso, convertiron en gran gueto peatonal a zona vella, en zona de case miseria e comercio arruinado; espacio que se vai configurando, cada vez máis, como cidade de mendigos. E van falare, tamén,da famosa accesibilidade prás bicis e os skaters, que outra cousa non fixeron. Dous novos peligros na nosa convivencia.
Non souberon prima-la fixación da residencia na zona vella, que requeriría un gran esforzo, algo de imaxinación, de colaboración cos propietarios máis alá do que representou o Urban, no que algús foron desposeídos de subvenciós reconocidas en comisión pra aplicaren esos fondos ós amigos e amigas da súa causa. Unha forma de corrupción.
O "todo taberna" no que pensaron, a eliminación de arterias como Benito Corbal-Michelena, de Arzobispo Malvar-Riestra, de Cobián Roffiñac-Daniel La Sota, etc..., e outras rúas que enlazaban coestas na circulación radial que primaba dende que, xa no enceto do século vinte, era unha cidade que pensaba no progreso, que tiña tranvía, que despois tivo trolebús, autobús e que agora, qué horror, non ten nada máis que un vavytren co que mostran ás mesnadas que chegan nas viaxes do Inserso, a cidade sucia e destroída, os espacios públicos privatizados por terrazas, "a cidade de servicios" na que pensaron, precarizada cos postos de traballo que sirven no sector das tabernas, mileuristas temporeiros. Ou nen eso.
Mentres, a cidade vella, aínda que visitada polos que veñen ás tascas ou pra ve-la actuación de malabares ou "pallasos" pra atraeren á rapazada, vaise despoboando. A este equipo de goberno válelle calquer tipo de bullanga ou de decibelios a tope cos que reventan o espacio como morada. Porque os residentes non soportan tanta agresión. Esa é a razón pola que en Pontevedra aínda se constrúe, porque a xente busca un novo fogar lonxe do espacio profanado polo talibanismo urbanístico destos gobernantes locales.
Pontevedra era cidade administrativa, comercial e de servicios antes de naceren os que agora levan a batuta da desfeita económica, social e urbanística do entorno histórico. As xentes do rural, antes siareiras da zona vella, teñen agora outros sitios onde mercar: Carrefour, Lidl, e outros centros, na periferia da cidade, que morre porque a matan.
Aínda que a noticia de pouco informa, algo terán dito de cómo están a configuraren o PXOM á marxe da Axenda21Local, incluída a Carta de Lisboa; que se dispoñen incluso a deixala con menos mar. E fai falla ter morro pra falar así precisamente na capital portuguesa. ¿Farano en galegués?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario